Saltar ao contido

Cisxordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cisxordania
 Nome orixinal
الضفة الغربية (ar)  
יהודה ושומרון (he)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
cisjordà (ca)  
cisjordans (ca)  
cisjordana (ca)  
cisjordanes (ca)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista aérea
Imaxe
 Lista do elemento
Características
 Aspecto de
 Moeda
 Clasificación climática
Implicados
 Territorio reivindicado por
Datas
 Fundación / creación
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Localización
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   2.881.687 (2017) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5.860 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   1.026 m Mount Nabi Yunis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   −437 m Mar Morto Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude da costa
   40 km Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1613659 Editar o valor en Wikidata
VIAF3538148574267424430001 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlaswest-bank Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/082pc Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC3018316026 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Prefixo telefónico
+970 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456029
Wikidata G:Commons C:Commons

Cisxordania[1][2] (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores israelís que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que ditaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente a súa intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Franxa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre si por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania. Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o illamento de milleiros de palestinos, incluso partindo vilas pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Franxa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén oriental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Outras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramala; e Nablus, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxiados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablus. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.