Paseo marítimo da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Puntos de interese: ligazón interna
Liña 109: Liña 109:
== Características ==
== Características ==
[[File:Secciontr.jpg|miniatura|dereita|Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.]]
[[File:Secciontr.jpg|miniatura|dereita|Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.]]
O Paseo pode dividirse pola súa estética en cinco tramos:
O Paseo pode dividirse pola súa estética en varios tramos:
*Do límite con Arteixo ao Portiño. Zona peonil inconclusa. É a zona costeira do concello máis afastada e menos urbanizada.
*Do Portiño ao [[Ascensor panorámico do Monte de San Pedro]], a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
*Do Portiño ao [[Ascensor panorámico do Monte de San Pedro]], a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
*Do Ascensor ao [[Pazo dos Deportes de Riazor]] a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
*Do Ascensor ao [[Pazo dos Deportes de Riazor]] a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
Liña 115: Liña 116:
*Do Acuario ao Castelo é quizais, o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á [[Torre de Hércules]]. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas luminarias vermellas, de estilo decimonónico con obras pictóricas debuxadas a media altura.
*Do Acuario ao Castelo é quizais, o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á [[Torre de Hércules]]. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas luminarias vermellas, de estilo decimonónico con obras pictóricas debuxadas a media altura.
*Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o tranvía e o carril bici. Está cortado á espera de que se constrúa o túnel e o aparcamento subterráneo do Parrote, que suprimirá o tráfico rodado en superficie.
*Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o tranvía e o carril bici. Está cortado á espera de que se constrúa o túnel e o aparcamento subterráneo do Parrote, que suprimirá o tráfico rodado en superficie.
*Zona de Oza, [[Praia de Oza]] nas Xuvias. Zona de náutica deportiva e lugar de lecer.


[[File:Paseo Novo da Coruña, Riazor.jpg|thumb|Valado en inox do paseo marítimo da Coruña en Riazor.]]
[[File:Paseo Novo da Coruña, Riazor.jpg|thumb|Valado en inox do paseo marítimo da Coruña en Riazor.]]

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2015 ás 14:23

Paseo marítimo da Coruña
Paseo pola zona do Parrote
Tipoloxíapaseo marítimo
Titular da víaConcello da Coruña, Porto da Coruña
Dimensións
Lonxitudemáis de 13 km
Localización
InicioOza, Avenida da Mariña
FinBens, Visma, A Coruña, O Portiño
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
Bus
TaxiAvenida de Navarra, Porta Real
BiciBicicoruña
Circulación
Velocidade máxima50 kM/h
Construción
Comezo1990
Completadoinconcluso
Outros datos
Nomes alternativosO Portiño
Rúa Vítimas do Terrorismo
Av. de Fernando Suárez García
Av. de Gerardo Porto
Av. de San Roque de Fóra
Paseo de Ronda
Av. de Bos Aires
Av. de Pedro Barrié de la Maza
Rúa do Matadoiro
Pso. Alcalde Francisco Vázquez
Paseo do Parrote

O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar. É unha obra feita por tramos, modificada e inconclusa.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.

Historia

As orixes do actual paseo marítimo están nos proxectos de principios do século XX dun paseo, vía de circunvalación da península coruñesa[2]. No Plan Cort de 1945 plantéxase unha estrada dende San Roque pola costa pasando pola Torre de Hércules ata o Porto. Non se faría este proxecto. En 1948 no Planeamento de Alineacións volve falarse deste proxecto. En 1956 xa en vigor a Lei do Solo apróbase o Plan Xeral de 1967 concretando un vial sen prioridade peonil. O Plan de Ordenación Urbana de 1985 fixaba plans de protección, conservación e mellora na zona do actual paseo. Nos inicios dos anos 1990 comeza o coñecido como "proxecto Bofill" baseado principalmente en intervencións na zona portuaria. Propostas moitas das cales foron rexeitadas por ser demasiado rompedoras ca estética da cidade.

O paseo foi construído polo Porto da Coruña, Concello da Coruña, Demarcación de Costas do Estado e Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Obras Públicas e Medio Ambiente (Ministerio de Fomento)

O paseo fíxose por partes inconexas entre elas. Construción cronólóxica:

  • Paseo marítimo Orzán-Riazor, foi construido polo concello da Coruña e o Ministerio de Fomento. Dende o verán de 1990 a xullo de 1992, cun orzamento de 1 240 millóns de pesetas pagadas ao 50% por cada institución.
  • Zona do Parrote, construído polo Porto da Coruña.
  • Orillamar (ligazón Orzán-Riazor co Parrote) cun custo de 3 094 millóns de pesetas. Construído polo concello, Dirección Xeral de Estradas e a Dirección Xeral de Costas. O concello puxo 1  32 millóns de pesetas, terreos e a xestión das expropiacións. Os restantes cartos foron aportados polas outras institucións. Foi inaugurado o 19 de maio de 1995.
  • Oza-Os Castros, construído polo porto da Coruña xunto coa praia de Oza.
  • San Roque financiado cos plans FEDER da Unión Europea e o propio concello.
  • San Roque ao Portiño
  • O Portiño-Bens (inconcluso)

O paseo percorre así toda a faixa costeira do concello exceptuando as zonas das Xubias e a zona portuaria.

Puntos de interese

Paseo marítimo da Coruña
Paseo marítimo.

Comezando dende a zona occidental (límite costeiro con Arteixo), pódense destacar os seguintes elementos:

Características

Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.

O Paseo pode dividirse pola súa estética en varios tramos:

  • Do límite con Arteixo ao Portiño. Zona peonil inconclusa. É a zona costeira do concello máis afastada e menos urbanizada.
  • Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
  • Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
  • Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís, pero só ten carril bici na zona reformada. Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
  • Do Acuario ao Castelo é quizais, o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas luminarias vermellas, de estilo decimonónico con obras pictóricas debuxadas a media altura.
  • Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o tranvía e o carril bici. Está cortado á espera de que se constrúa o túnel e o aparcamento subterráneo do Parrote, que suprimirá o tráfico rodado en superficie.
  • Zona de Oza, Praia de Oza nas Xuvias. Zona de náutica deportiva e lugar de lecer.
Valado en inox do paseo marítimo da Coruña en Riazor.

O paseo marítimo dende a súa inauguración foise adaptando e modificando segundo os usos que a cidade lle foi dando ás infraestruturas. Así o tranvía turístico nun principio con percorrido dende o Parrote ata Riazor quedou en 2014 limitado ao traxecto dende a Torre de Hércules cara Riazor polo seu pouco uso e os custes que supoñía[3]. Tamén o propio paseo e o mobiliario del foron trocados. Tódolos anos as praias de Riazor e Orzán eran nos invernos protexidas das ondas facendo ca area montóns a xeito de rompe ondas, nalgúns casos parte do mobiliario do paseo foi esnaquizado polas ondas[4]. En 2015 foron retirados os farois sobre os valados. Parte destes valados de pedra foron trocados por outros en aceiro inoxidable, na zona de Riazor chegáronse a quitar deixando o acceso á praia limpo de obstáculos[5].

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas