Condado de Tipperary
| |||||
Mapa | |||||
---|---|---|---|---|---|
Información | |||||
País | ![]() | ||||
Provincia | ![]() | ||||
Capital | Norte: Nenagh Sur: Clonmel | ||||
Superficie | 4.303 km2 | ||||
Poboación | 149.040 (2006) | ||||
Código | Norte: TN Sur: TS | ||||
Norte: tipperarynorth.ie Sur: southtippcoco.ie |
O condado de Tipperary (en gaélico irlandés Tiobraid Árainn) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). O condado está dividido en dous condados administrativos, o do Norte e o do Sur, aínda que o conxunto segue mantendo funcións relacionadas coa cultura e os deportes.
Os condados veciños de Tipperary son Offaly ao norte, Laois ao nordeste, Kilkenny ao leste, Waterford ao sur, Cork ao suroeste, Limerick e Clare ao oeste e Galway ao noroeste.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Tipperary é o sexto maior condado de Irlanda seguindo a súa area, e o undécimo por poboación.[1] É o terceiro maior condado da provincia, por área, e o terceiro por poboación. A paisaxe forma parte da planicie central de Irlanda, aínda que posúe diversas serras: os Knockmealdown, as Galtee, os Arra Hills e a Silvermine. A zona meridional do condado está mollado polo Río Suir; mentres que a setentrional polos afluentes do río Shannon que se ensancha no Lough Derg. Non ten costas. A zona central é coñécese como 'o Val Dourado', unha rica terra de pastos da conca do Suir que se estende polos condados de Limerick e Cork.
Baronías[editar | editar a fonte]
O condado posúe seis baronías históricas no Tipperary Norte: Eliogarty, Ikerrin, Alto Ormond, Baixo Ormond, Owney and Arra e Alto Kilnamanagh; e outras seis no Tipperary Sur: Clanwilliam, Baixo Kilnamanagh, Iffa e Offa Leste, Iffa e Offa Oeste, Middle Third, e Slievardagh.
Parroquias[editar | editar a fonte]
As parroquias foron trazadas tras o Down Survey como subdivisións intermedias, con múltiples aldeas (townlands) por parroquias e múltiples parroquias por baronía. As parroquias civís tiveron algún uso para impostos locais e foron incluídas nos mapas do século XIX da Ordnance Survey of Ireland (o organismo cartográfico gobernamental irlandés).[2] Para os propósitos da poor law (sistema de axuda para os pobres), as divisións electorais de distrito substituíron as parroquias civís a mediados do século XIX. Hai 199 parroquias civís no condado.[3] As aldeas son as divisións máis miúdas oficialmente de Irlanda, habendo un total de 3.159 neste condado.[4]
Poboacións[editar | editar a fonte]

- Ballina - Béal an Átha
- Bansha - An Bháinseach
- Borrisokane - Buiríos Uí Chéin
- Borrisoleigh- Buiríos Ó Luigheach
- Cahir - Cathair Dún Iascaigh or An Chathair
- Carrick-on-Suir - Carraig na Siúire
- Cashel - Caiseal
- Castleiney - Caisleán Aoibhne
- Clonmel - Cluain Meala
- Clonmore - An Cluain Mhór
- Clonoulty - Cluain Ultaigh
- Cloughjordan - Cloch Shiurdáin
- Drom - Drom
- Dundrum - Dún Droma
- Emly - Imleach Iubhair
- Fethard - Fiodh Ard
- Golden - An Gabhailín
- Hollyford - Áth an Chuillinn
- Holycross - Mainistir na Croiche
- Horse and Jockey - An Marcach
- Killenaule - Cill Náile
- Kilmoyler - Cill Mhaoileachair
- New Inn - Cnoc Rafann
- Lisronagh - Lios Ruanach
- Littleton - An Baile Beag
- Lorrha - Lothra
- Loughmore - Luach Magh
- Milestone - Cloch an Mhíle
- Nenagh - An tAonach
- New Inn - Loch Cheann
- Newport - An Tulach Sheasta
- Ninemilehouse - Tigh na Naoi Míle
- Rearcross - Crois na Rae
- Roscrea - Ros Cré
- Rosegreen - Faiche Ró
- Rossmore - An Ros Mór
- Templemore - An Teampall Mór
- Thurles - Durlas
- Tipperary Town - Tiobraid Árann
- Toomevara - Tuaim Uí Mheára
- Two-Mile Borris - Buiríos Léith
- Upperchurch - An Teampall Uachtarach'
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191.
- ↑ Ordnance Survey of Ireland (ed.). "Interactive map (civil parish boundaries viewable in Historic layer)". Mapviewer. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ "Placenames Database of Ireland - Tipperary civil parishes.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012.
- ↑ "Placenames Database of Ireland - Tipperary townlands.". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Tipperary |
- Tipperary Institute
- A website dedicated to the genealogical records of the county. It offers fragments of the 1766 census, the complete Down Survey, as well as a ream of other useful information Arquivado 07 de marzo de 2020 en Wayback Machine.
- Score for 'Quality of Life' in County Tipperary
- Gaelscoil stats