Trompeta

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Louis Armstrong, virtuoso negro da trompeta

A trompeta é un instrumento musical de vento metal, fabricado en aliaxe de metal. O son da trompeta prodúcese coa vibración dos beizos na boquilla. É o instrumento máis agudo da súa familia (vento metal). O músico que toca a trompeta é chamado trompetista.

Está composta por tres pistóns que regulan o paso do aire que pasa desde a boquilla ata a campá.

Pulsacións da trompeta para as diferentes notas (OPEN: sen pulsar pistóns; o número indica qué pistóns se deben pulsar).


[editar] Tipos de trompetas

Hai distintas trompetas segundo a súa tonalidade. A máis frecuentemente utilizada é a trompeta en si ♭ (bemol), tamén as hai en do (para música de orquestra) e outras menos utilizadas como a de mi ♭ (bemol (ás veces utilízase en música barroca, da que Bach foi representante); ou a tamén común trompeta píccolo en si bemol (moi empregada para acadar rexistros agudos, debido a escasa lonxitude do seu tubo). Outras trompetas existentes son a trompeta baixa en si bemol ou en do, ademais da trompeta en fa, la ou re. Estos últimos son tipos moi pouco empregados e existen relativamente poucas trompetas en estas tonalidades.

[editar] Historia

As trompetas son case tan antigas como a frauta, o instrumento máis antigo e xeralizado, e xunto coa corneta, derivadas de corno de boi que aínda pode servir como trompa de caza. No Museo Británico e no Museo arqueolóxico de Nápoles encóntranse trompetas feitas en bronce exipcias e romanas e no Museo Numantino de Soria consérvanse algunhas de arxila e de factura ibérica rectas e curvas. Tamén son numerosas as pinturas antigas que as representan, sobre todo no antigo Exipto.

A trompeta é citada na Biblia, onde se fala dun instrumento con formas moi diferentes, e construido con moitos materiais diferentes. Este instrumento era utilizado polos sacerdotes para anunciar as festividades e para facer sinais de guerra. Algúns exemplares de trompeta atopados indican que algunhas eran realizadas con corno de cordeiro. Tocábanse para sinalar eventos particulares ou cambios climáticos. Este tipo de trompeta aínda se utiliza nalgunhas ceremonias xudías.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais