Adolphe Sax
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Joseph Sax, coñecido como Adolphe Sax, nado en Dinant en 1814 e finado en 1894, foi un inventor belga de instrumentos musicais.
[editar] Traxectoria
Seu pai, o fabricante de instrumentos Charles Joseph Sax, enviouno ao Conservatorio de Bruxelas para estudar frauta e clarinete. Adolphe Sax é coñecido principalmente pola invención do saxofón ou saxófono (1840, patentado en 1846[1]). Algunhas invencións son o saxotromba e mais o bombardino, un tipo de tuba.
En 1857 Sax foi profesor de saxofón no Conservatorio de París. Tamén contribuiu ao desenvolvemento do clarinete baixo.
[editar] Bibliografía
Adolphe Sax, Malou Haine, Université de Bruxelles Editions, Bruxelles, 1980 Sax, Mule & Co, Jean-Pierre Thiollet, H & D, Paris, 2004 (ISBN 2 914 266 03 0)