Libro de Xosué
O libro de Xosué, sexto dos libros da Biblia, tanto na versión xudía como nas cristiás, narra a chegada á Terra Prometida, a conquista e o asentamento do pobo xudeu no que hoxe é Palestina. Toma o seu nome de Xosué, o caudillo carismático e sucesor de Moisés que guía ao pobo nesta etapa da súa historia.
Índice |
Situación dentro do conxunto da Biblia [editar]
Na Biblia xudía Xosué é o primeiro libro dos Profetas anteriores. No división cristiá, sitúase como o primeiro dos libros históricos. Relaciónase, polo tanto, cos libros posteriores: Xuíces e Samuel, e é obra, coma estes, da escola deuteronomista.
Non falta, sen embargo quen faga notar a súa íntima conexión co Pentateuco, tanto porque continúa a historia do Éxodo e dálle remate coa chegada á terra prometida, como polo estilo e a presencia de relatos etiolóxicos, orientados a explica-la orixe de algo, propia do Pentateuco. Así hai incluso autores que falan dun Hexateuco, para marca-la íntima relación cos libros anteriores: "os libros que figuran entre a Xénese e o de Xosué constitúen na súa forma actual unha xigantesca obra narrativa que garda unha concatenación entre as súas partes."[1]
Contido [editar]
O libro abrangue desde a confirmación de Xosué como sucesor de Moisés ata a súa morte.
E o seu contido se divide en dúas grandes partes: conquista da terra (preparación da entrada e guerras de conquista) e reparto da terra entre as tribos.
| Capítulos | Denominación | Contido | ||||||
| 1 | Discurso introdutorio | Misión de Xosué Discurso de Xosúe animando á conquista |
||||||
| 2-9 | Conquista da Transxordania | Conquista de Xericó Guilgal no Xordán Celebración da Pascua, circuncisión Conquista de Ai (ruindade de Acán) Altar no monte Ebal e lectura de Lei Pacto cos de Gabaón |
||||||
| 10-12 | Conquistas de Sur e do Norte | Batalla contra una coalición de cidades baixo o mando de Adonisedec Batalla das augas de Merom contra Hasor |
||||||
| 13-22 | As partillas da terra conquistada | Deslinde dos territorios tribais Cidades de refuxio e cidades levíticas Regreso das tribos orientais |
||||||
| 23 | Discurso de despedida de Xosué | Defensa da obra de Xosué e últimas recomendacións | ||||||
| 24 | Apéndice | Alianza de Xequem Morte e sepultura de Xosué |
Autor e época de composición [editar]
O libro presenta materiais, como tradicións orais propias da tribo de Benxamín, cunha antigüidade difícil de datar, sobre estes materiais primitivos fóronse engadindo novas narracións e discursos que foron conformando o texto que coñecemos. Deste xeito, o libro actual é, basicamente, froito do traballo das catro fontes que tamén conforman o Pentateuco, aínda que predominan as tres primeiras sobre a fonte sacerdotal.
A data de composición máis probable rondaría o século VII a.C.
Notas [editar]
- ↑ VON RAD, G. El Libro del Génesis, Ed. Sígueme, Salamanca 1982, pax. 13
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- A Biblia. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
- SCHMIDT, Werner H. (1983). Introducción al Antiguo Testamento. ISBN 84-301-0916-1.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Libro anterior: Deuteronomio |
Xosué (Libros históricos) |
Libro seguinte: Xuíces |