Pedro Infante
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Pedro Infante Cruz, nado en Mazatlán en 1917 e finado en Mérida en 1957, foi un actor e cantante mexicano.
Traxectoria [editar]
Gozou de enorme sona durante a coñecida como Época de Ouro do Cinema Mexicano, así como tamén foi un dos grandes representantes da música ranchera. A partir de 1939 apareceu en máis de 60 filmes, e dende 1943 gravou aproximadamente 310 cancións. Pola súa actuación na película Tizoc, foi acredor ao Oso de Plata do Festival Internacional de Cinema de Berlín ao mellor actor principal e premio Globo de Oro á mellor película estranxeira, outorgado pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood.
Morreu o 15 de abril de 1957 en Mérida, Yucatán, nun accidente do avión que el mesmo piloteaba rumbo á Cidade de México.
|
|||||||||||||||||