Henrique VIII de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique VIII
Rei de Inglaterra e Irlanda
por Hans Holbein o Xove

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord da Irlanda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique naceu no Palacio Real en Greenwich, Londres, segundo fillo do rei Henrique VII e Isabel de York, séndolle concedido o título de Duque de York. Foi designado Príncipe de Gales e herdeiro do trono despois da morte do seu irmán máis vello Artur en 1502.

Unha dispensa do Papa Xulio II era necesaria para autorizalo a casar coa viúva do seu irmán, Catarina de Aragón, e isto foi obtido coa base da non-consumación. O casamento foi celebrado a 11 de xuño de 1509 e resultou apenas nunha filla, a futura María I de Inglaterra. Henrique VIII chegou a escribir un pequeno libro titulado "Defensa dos Sete Sacramentos" que fixo para que León X lle outorgase o título de "Defensor da Fe"; no entanto, o desexo de lograr un herdeiro home, ben como a súa relación amorosa con Ana Bolena, levarano a procurar a disolución do casamento con Catarina xunto do Vaticano. As súas tentativas non terán éxito porque o Papa Clemente VII estaba baixo presión do sobriño de Catarina, o emperador Carlos V.

Frustrado coa ruptura das negociacións, Henrique VIII ignorou a lei canónica que lle impedía unirse a outra muller por estar xa casado, e casou con Ana Bolena a 25 de xaneiro de 1533. Esta actitude de afronta sen precedentes á Igrexa Católica valeulle a excomuñón, declarada por Clemente VII o 11 de xullo de 1533. No seguimento da excomuñón, Henrique decidiu a ruptura coa Igrexa Católica, declarou a disolución dos mosteiros, tomando así moitas das pertenzas da Igrexa, e formou a Igrexa de Inglaterra, da cal se declarou líder. Esta decisión fíxose oficial co decreto da supremacía (Act of Supremacy) de 1534. A recusa en xurar obediencia a este decreto levouno a condenar ao humanista Thomas More, o seu antigo Lord Chanceler, a morte.

Durante o ano de 1513, Thomas Howard, terceiro Duque de Norfolk, derrotou a tentativa de invasión de James IV de Escocia en Flodden durante a ausencia de Henrique VIII na guerra con Francia. A longa rivalidade de Henrique co rei Francisco I de Francia tornouse aínda máis seria pola cooperación entre Francia e Escocia, ambos países católicos nesta altura. Henrique e Francisco tíñanse encontrado na guerra 1520. A paz con Francia foi finalmente restablecida en 1546.

Henrique VIII incrementou moito o poderío marítimo inglés, estabelecendo portos en Woolwich e Deptford no Río Támesis no sueste de Londres, e instituíndo unha mariña eficiente. O seu barco capitán (flagship), Mary Rose, afundiuse no Solent (no canal inglés) durante a batalla e a súa recuperación nos anos 80 do século XX, foi un marco na pesquisa arqueolóxica desta época. O navío encóntrase hoxe en exposición no molle de Portsmouth.

Descendencia e casamentos[editar | editar a fonte]

  • (1533) Ana Bolena, Marquesa de Pembroke (1507- 1539) executada
    • Isabel I, raíña de Inglaterra (1533- 1602)
    • rapaz (1536)