Cumbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gaiteros en el Festival del Porro en Cordoba.jpg

A cumbia é un xénero musical e un baile folclórico orixinario de Colombia e importantes variantes en Panamá, así como nalgunhas outras áreas da zona caribeña. Xorde do sincretismo musical e cultural dos aborixes, negros e, en menor escala, dos europeos na rexión do delta do río Magdalena, con epicentro na rexión da poboación de El banco, Magdalena, até Barranquilla. Trátase dun ritmo popular en distintos países latinoamericanos, onde seguiu distintas adaptacións xa fóra da área caribeña e estendéndose a outras zonas como México ou a Arxentina.