George Enescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Enescu
Enescu24.jpg
Nome completo George Enescu
Alias Georges Enesco (en Francia)
Naceu 19 de agosto de 1881
Orixe Liveni, Romanía Flag of Romania.svg
Morreu 4 de maio de 1955
París, Francia Francia
Ocupación (s) Director de orquestra, violinista, pedagogo e pianista.
Instrumento(s) Violín

George Enescu, nado en Liveni o 19 de agosto de 1881 e finado en París (Francia) o 4 de maio de 1955, foi un compositor, violinista, pedagogo, pianista e director de orquestra romanés, considerado un dos máis importantes músicos do seu país. A súa carreira estivo profundamente vinculada a Francia, onde adoitan citar o seu apelido como Enesco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende idade moi nova, empezou a demostrar as súas dotes artísticas. Comezou a tocar o violín aos 4 anos, e aos 5 celebrou o seu primeiro concerto. Comezou a estudar tendo como profesor a Eduard Caudella.

Entre os anos 1888-1894 estudou no Conservatorio de Viena, tendo como profesores a Josef Hellmesberger (violín), Robert Fuchs e a Sigismond Bachrich entre outros moitos. Acomodouse moi rápido na vida musical de Viena, e os seus concertos nos que interpretaba obras de Johannes Brahms, Pablo Sarasate, Henri Vieuxtemps, Felix Mendelssohn-Bartholdy entusiasmaron á prensa e ao público; por aquel enton só tiña 12 anos.

Despois da graduación do Conservatorio de Viena coa medalla de prata, seguiu os seus estudos no Conservatorio de París (1895-99) tendo como profesores a Armand Marsick, André Gedalge, Jules Massenet e Gabriel Fauré. O 6 de febreiro de 1898 fixo o seu debut como compositor nos Conciertos Colonne de París coa súa obra Opus 1, Poema Rumano. No mesmo ano empezou a dirixir concertos en Bucarest e a dar concertos de violín. Admirado pola reina Elisabeta de Rumania foi varias veces invitado para tocar as súas obras no castelo Peleş de Sinaia.

Dos primeiros anos do século XX datan as composicións máis recoñecidas, como as dúas Rapsodias Rumanas (1901-02), a Suite nº 1 para a orquestra (1903), a súa primeira Sinfonía de Madurez (1905), Sete Cancións para os versos de Clément Marot (1908). O seus concertos sucedéronse en moitos países de Europa e en ocasións foi acompañado de persoas prestixiosas como: Alfredo Casella, Pau Casals, Louis Fournier o Richard Strauss.

Durante a Primeira Guerra Mundial permaneceu en Bucarest e dirixiu a Sinfonía nº 9 de Ludwig van Beethoven (que se tocaba íntegramente por primeira vez en Rumanía), composicións de Hector Berlioz, Claude Debussy, Richard Wagner, e tamén as súas propias composiciones: a Sinfonía nº 2 (1. 913), Suite para orquestra nº 2 (1915) e a ópera Oedipo (1936) No mesmo ano tivo lugar a primera edición do concurso de composición que leva seu nome: George Enescu.

Após da guerra, continuou a súa actividade dividida entre Rumania e Francia. Deixounos por sempre as súas interpretacións do Poema para violín e orquestra de Ernest Chausson e das sonatas e as partituras para violín de Johann Sebastian Bach. Fixo algúns viaxes ata Estados Unidos, onde dirixiu as orquestras de Filadelfia (1923) y Nova Iork (1938).

A súa actividade pedagóxica tivo tamén unha grande importancia. Entre seus alumnos atopamos violinistas como: Christian Ferras, Ivry Gitlis, Arthur Grumiaux, Ginette Neveu o Yehudi Menuhin. Éste último manifestou un gran cariño e admiración por Enescu, considerándoo coma o seu pai espiritual:

Para min, Enescu será sempre unha das verdadeiras marabillas do mundo. O seu carácter e a súa figura quedaron na miña alma coma unha árbore ou unha montaña de Sinaia. As súas fortes raíces e a súa alma noble veñen de seu propio país, un país dunha beleza única.”
Yehudi Menuhin.

Véxas tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Axente, Colette, and Ileana Ratiu. 1998. George Enescu: Biografie documentara, tineretea si afirmarea: 1901-1920. Bucharest: Editura muzicala a U.C.M.R.
  • Bentoiu, Pascal. 1984. Capodopere enesciene. Bucharest: Editura muzicala a U.C.M.R.
  • Brediceanu, M. et al. 1997. Celebrating George Enescu: A Symposium. Washington, D.C.
  • Cheorghiu, V. 1944. Un Muzician Genial: George Enescu
  • Cophignon, Alain. 2006. Georges Enesco. Bibliothèque des grands compositeurs. Paris: Librairie Arthème Fayard. ISBN 978-2-213-62321-4
  • Cosma, Viorel. 2000. George Enescu: A Tragic Life in Pictures. Bucharest: The Romanian Cultural Foundation Publishing House.
  • Malcolm, Noel. 1990. George Enescu: His Life and Music, with a preface by Sir Yehudi Menuhin. London: Toccata Press.
  • Malcolm, Noel. 2001. "Enescu, George." The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. S. Sadie and J. Tyrrell. London: Macmillan.
  • Roth, Henry. 1997. Violin Virtuosos ISBN 1-8879395-15-0
  • Slonimsky, Nicolas (ed.). 2001. "Georges Enesco." Baker's Biographical Dictionary of Musicians. Centennial Edition. New York: Schirmer Books.
  • Voicana, Mircea, Clemansa Firca, Alfred Hoffman, Elena Zottoviceanu, Myriam Marbe, Stefan Niculescu, and Adrian Ratiu. 1971.
  • Voicana, Mircea (ed.) 1976. Enesciana, I.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Enescu Modificar a ligazón no Wikidata