Didgeridoo
|
O Didgeridoo (tamén coñecido como didjeridu ou didge) é un instrumento de vento desenvolvido polos indíxenas australianos do Territorio Norte hai aproximadamente 1,500 anos. Hoxe en día segue a ser empregado tanto na Australia como no resto do mundo.
Índice |
Historia [editar]
Non existen fontes fiábeis que indiquen a antigüidade exacta do didgeridoo. Os estudos arqueolóxicos de arte rupestre no norte de Australia indican que os habitantes da rexión de Kakadu levan empregando o didgeridoo polo menos dende hai 1,000 anos. Estes estudos baséanse na datación das pinturas nas paredes das covas e refuxios deste período.
Características [editar]
Un didgeridoo é xeralmente de forma cilíndrica ou cónica, e pode medir de 1 a 3 m de lonxitude. A maioría son de 1,2 m de longo pero todos teñen a particularidade de ter só un orificio de saída do aire. O son do didjeridoo é producido pola vibración dos beizos e por outros sons emitidos polo instrumentista.
Adoita facerse de madeira de eucalipto, pero tamén se fan con bambú. Os didgeridoos tradicionais dos aborixes soen ser decorados con símbolos e motivos da pintura aborixe australiana.
Curiosidades [editar]
O didgeridoo é tocado coa continua vibración dos beizos para producir o son mentres que a vez se emprega unha técnica especial de respiración chamada respiración circular. Esta esixe a respiración a través do nariz e ao mesmo tempo a expiración débese facer pola boca usando a lingua e as meixelas. Para un músico experimentado, a técnica da respiración circular permítelle renovar o ar dos seus pulmóns mantendo unha nota todo o tempo que desexe.