Xalisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estado Libre e Soberano de Xalisco
Bandeira de Jalisco Escudo de Jalisco
Bandeira Escudo
Lema: n/d
Himno: Himno de Xalisco
 
Jalisco en México.svg
 
Estado Flag of Mexico.svg México
Capital
 • Poboación
Guadalaxara
503.320 (2005)
Cidade principal Guadalaxara
Linguas
 • Oficiais
Castelán, Huichol, Náhuatl, Cora, Tarasco
Ningunha1
Estatus
 • Gobernador
Estado federado
Emilio González Márquez PAN
Creación como estado
14 de setembro de 1824
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 8º
73.211 km²

km
km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 7º
4.255.790 (2005)
58 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario UTC-6
Dominio de Internet n/d
Código ISO MX-JAL

1O castelán e 62 linguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano.

Subdivisións de México

Xalisco[1][2] (en castelánJalisco) é un dos 31 estados do México. Limita cos estados mexicanos de Nayarit, Zacatecas, Aguascalientes, Guanajuato, San Luis Potosí, Colima e Michoacán. A súa área é de 244,938 km², e a súa poboación é de 3.047.900 habitantes. A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, e a súa maior cidade é Guadalaxara, que ten 5 millóns de habitantes. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana esta formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.

Xalisco é a cuarta entidade federativa mais poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido no país en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Novo León e Baixa California.

Étimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Xalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa " lugar na cara da area".

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros achados arqueolóxicos en Xalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.

Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.

No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).

Durante a época colonial formou parte da rexón administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia deste reino cambiouse seu nome polo do Estado libre e soberano de Xalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez dividiu a separación do Territorio do Nayar, co base no que a insurrección do bandoleiro chamado Manuel Lozada poñía en perigo a existencia do estado e do país. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.

Imaxe de Porto Vallarta, Xalisco.

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación no Estado de Xalisco é de 6.753.113 habitantes, no último censo realizado polo INEGI, en 2005. De os cales na zona Metropolitana de Guadalajara viven 4.000.000 segundo o INEGI de ano 2000.

A taxa de crecemento poboacional xeral para Xalisco foi de 1.8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa é de 1.756.501 persoas. [3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.
  2. Ver entrada de «tequila». Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2024. ISBN 9788482893600.
  3. Consejo Nacional de Población (CONAPO) 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Estados de México Bandeira de Mexico
Aguascalientes | Baixa California | Baixa California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Xalisco | Zacatecas
Distrito Federal