Pistón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compoñentes dun motor a catro tempos. (E) Árbore de levas de exhaustión, (I) árbore de levas de admisión, (S) Buxía, (V) Válvulas, (P) Pistón, (R) Biela, (C) Cambota, (W) Refrixeración por auga.

Un pistón ou émbolo é unha peza móbil dunha máquina, con forma cilíndrica e que se despraza ao longo dun cilindro.

Se a máquina é un motor, o movemento do émbolo transforma a presión que existe na cámara (de combustión nun motor de combustión interna, de expansión nunha máquina de vapor), en movemento alternativo, que xeralmente despois será convertido polo mecanismo de biela-manivela en movemento rotativo na cambota. Se a máquina é un compresor, transforma o movemento rotativo en enerxía comunicada a un fluído.