Hadrián
Hadrián é un nome propio galego de home. Variedades recoñecidas do nome son Hadriano, Hadrán e Hadrao e (ou Adrián, Adriano, Adrán ou Adrao se non conservan o H orixinario). As variantes rematadas en -ano e con -i- son máis cultas, mentres que as variantes sen -i- son máis coloquiais e evolucionadas. A forma feminina é Hadriana ou Adriana. Procede do latín Hadrianus, sobrenome da estirpe romana do emperador Hadriano[1], derivado á súa vez do topónimo Adria[2] ou de Atri ou Hatria[3] que á súa vez podería ter a súa orixe no etrusco. Adrián foi o antropónimo máis usado para nomear os bebés na derradeira década do século XX.
Índice |
Outras linguas[editar]
As variantes gráficas para escribir as versións deste nome noutras linguas son as seguintes[4]:
- alemán: Adrian, Adria, Adriaan, Adrijan, Adriaen, Adrián, Adriano, Adrien, Andrigan, Arian, Hadrian, Jadran
- catalán: Adrià
- castelán: Adrián, Adriano (papas e emperador)
- checo: Hadrián, Adrián
- francés: Adrien (papas), Hadrian (emperador), ás veces mesmo Arien, Adryen, Adrian, Hadrien
- inglés: Adrian, Adrien, Hadrian (papas e emperador), Ade [ás veces úsase a grafía francesa Adrien (como en Adrien Brody), pero en todo caso sempre se pronuncia con ditongo inicial]
- italiano: Adriano, Adreano, Adrio
- neerlandés: Adriaan, Adriaen, Adrianus, Aad, Aarjen, Aat, Ad, Adri, Adrie, Aerjen, Arian, Ari, Ariaan, Arie, Arius, Arjan, Arjen, Erjen, Hadriaan, Hadrianus, Janus, Jari
- polaco: Adrian
- portugués: Adriano, Adrião
- romanés: Adrian, Adi
Personaxes[editar]
Relixión[editar]
- Hadrián I: Papa que estivo no solio pontificio do ano 772 ó 795.
- Hadrián II: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 867 ó 872.
- Hadrián III: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 884 ó 885.
- Hadrián IV: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 1154 ó 1159.
- Hadrián V: Papa que gobernou a igrexa cristiá no ano 1276.
- Hadrián VI: Papa que gobernou a igrexa cristiá dende os anos 1522 ó 1523.
- Santo Hadriano de Cesarea, mártir cristiano finado no 309 (5 de marzo).
- Santo Hadriano de Nicomedia, torturado e decapitado no ano 303 (8 de setembro).
Aristocracia[editar]
Outros[editar]
- Adrián Troitiño, anarcosindicalista galego.
- Adrián Solleiro González, ilustrador galego.
- Adrian de Vries: escultor neerlandés.
- Adrian Dimítrievich Zajárov: arquitecto ruso.
- Adriano Balbi: xeógrafo e estadista italiano.
- Adriano Banchieri: compositor italiano.
- Adriano Celentano: Cantante e actor italiano.
- Adriano del Valle: poeta español.
- Adriano Olivetti: político e enxeñeiro industrial italiano.
Hadrián na cultura galega[editar]
Na toponimia[editar]
Segundo o nomenclátor de Galicia oficial da Xunta, en Galiza hai 15 parroquias consagradas a este santo, aínda que ningunha delas escrita con hache:
- 4 delas coa variante Adrián: Vilariño, Cambados; Calvos, Fornelos de Montes; Meder, Salvaterra de Miño; e Santo Adrián de Castro, Zas.
- outras 4 coa variante Adrán: Toba, Cee; Verdes, Coristanco; Corme Aldea, Ponteceso e Cobres, Vilaboa.
- e outras 7 coa variante Adrao: Moneixas e Madriñán, Lalín; Ousón, Becerreá; Bieite, Leiro; Santo Adrao de Lourenzá, Lourenzá; Veiga, Ortigueira e Zapeaus, Rairiz de Veiga.
Tamén existen os lugares de Santo Adrián (A Pobra do Brollón e O Saviñao), Santo Adrián de Castro (Zas), Adrán (A Laracha, Ordes e Teo), Santadrao (Castroverde, A Pastoriza e Riotorto), Santo Adrao (Vilalba) e Santradán (Cobres, Vilaboa). Ademais están o monte de San Adrián (na Pobra do Brollón, de 399 m) e o cabo de Santo Adrián (na costa da Morte).
Na literatura[editar]
Na literatura galega cómpre destacar o influxo deste antropónimo en Otero Pedrayo. Nado un 5 de marzo, puxo este nome a tres personaxes dos seus libros:
- Adrián Solovio (Arredor de si),
- Adrián Silva (La vocación de Adrián Silva), e
- Adrián Soutelo (o tío de Paio, n' Os Camiños da Vida).
Outros personaxes literarios deste nome son Adrián Novoa (Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz) e Adrián Seivane (Baixo mínimos, de Diego Ameixeiras).
Na cultura tradicional[editar]
Na cultura popular galega hai unha lenda, un refrán e unha cantiga vencellados a Santo Hadrián. A lenda di como segue:
O refrán é: Día de san Adrián, sécalle a primeira raíz ó pan.
A cantiga, con dúas variantes, é:
- Meu siñor San Adrián/é un santo milagroso/pedínlle un mozo bonito/doume un barbas de raposo.
- Meu señor San Adrián/é un santo moi milagreiro/pedinlle un home bonito/doume un cara de carneiro.
Notas[editar]
- ↑ Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo, 1992, páxina 102
- ↑ Información etimolóxica na wikipedia italiana ("con riferimento alle odierne e antiche città [...] di Adria") e inglesa ("from Adria")
- ↑ Información etimolóxica na wikipedia italiana ("abitante o proveniente da Hatria, [...] con riferimento alle odierne e antiche città di Atri")
- ↑ Datos recollidos das wikipedias en lingua portuguesa, castelá, inglesa, francesa, italiana, neerlandesa, polaca, catalana e checa