Osiris (deus)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Osiris é o deus exipcio dos mortos e do inframundo. No tempo da civilización antiga do Nilo, Osiris era a deidade primaria dunha relixión henoteísta. Osiris era non soamente o xuíz dos mortos na vida futura, mais tamén o dador de toda a vida, incluíndo a vexetación e a fartura do Nilo. A partir do 2000 antes da nosa era tódolos homes crían estar asociados con Osiris no momento da morte.