Transpositor
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Chámase instrumento transpositor a aquel en que a altura das notas que soan non é a mesma que a que consta na partitura.
Isto faise por diferentes razóns: para evitar o uso de moitas liñas adicionais como no caso da guitarra, escrita unha octava mais aguda. Para evitar o uso de alteracións (sostidos e bemois).
Por exemplo, se nunha partitura escrita para saxo tenor ou clarinete aparece un dó o músico tocaraa e soará un si bemol, pero o instrumentista seguirá a chamarlle a esa nota dó. Isto facilita moito a notación e o aprendido, pois o músico escrebe e le Dó Re Mi Fa Sol La Si o que realmente é Sib Dó Re Mib Fa Sol La. Ademais en algunhas familias de instrumentos as posicións dos dedos corresponde ao nome da nota e non ao seu son, así un músico pode tocar varios instrumentos sen ter que aprender de novo as posicións. Así é común que un saxofonista toque varios instrumentos (normalmente tenor e soprano) el le a partitura e onde pon Do el coloca os dedos para do, no tenor soará Sib, no alto Mib e no soprano Sib unha oitava mais agudo
Instrumentos transpositores mais comúns [editar]
- Saxo tenor e clarinete soprano Si bemol
- Saxo alto e trompeta Mi bemol