Trombón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trombón
Trombón
Trombón tenor
Clasificación
Tesitura

Trombone range.svg

Instrumentos relacionados

O trombón é un instrumento de vento metal cun tubo de sección cilíndrica, boquilla de copa e mecanismo de corredeira. O seu antecedente é a bucina romana.

Historia[editar | editar a fonte]

Tromboon.jpg

Inventouse ao redor do ano 1400 como unha mellora da trompeta e foi construído en varios tamaños. Os trombóns máis comúns foron os contralto, tenor e baixo. Con excepción do maior grosor do metal e do pavillón máis estreito, o que supón un son máis brando e delicado, o trombón antigo era case idéntico ao de agora.

Coñecíase co nome de sacabuche (polo parecido cunha arma do mesmo nome), foi un instrumento moi apreciado na música relixiosa e da música de cámara. Perdeu importancia cara o 1700 menos nas bandas das grandes cidades e recuperárono as grandes bandas militares a comezos do século XVIII. Foi entón cando se ampliou o pavillón até o tamaño actual. Os trombóns con válvulas apareceron a principios do século XIX en Viena pero considéranse de menor calidade e tenden a desaparecer.

Coa corredeira cerrada o trombón tenor en si bemol produce o si bemol 1 como nota fundamental ou pedal e, na mesma posición, toda a serie harmónica desta nota pedal (como o fliscorno ou a trompeta natural).

A corredeira ábrese en seis posicións máis, cada unha coa serie harmónica da súa fundamental. A extensión vai dende o mi 2 até o si bemol 4 máis catro notas pedal (si bemol 1, la 1, la bemol 1 e sol 1; as pedais por debaixo destas son difíciles de producir). A música orquestra usa un trombón baixo en fa (con frecuencia substituído por un trombón tenor-baixo en si bemol/fa, que ten unha válvula para cambiar o tubo a si bemol).