Afinación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A afinación é a acción de poñer no ton xusto os instrumentos musicais en relación cun diapasón ou acordalos ben uns con outros. Tamén se chama afinación ao canto ou execución dun instrumento entoando con perfección os sons. Os sistemas de afinación buscan construír unha serie de relacións de frecuencia vibratoria que dean lugar ás notas dunha escala. Estas relacións estúdanse de forma independente da altura absoluta de calquera das notas, e descríbense exclusivamente como intervalos entre elas.