Louis Armstrong
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Louis Daniel Armstrong (4 de agosto de 1901, sobre esta data existen dúbidas, - 6 de xullo de 1971) (tamén coñecido polo seu alcume Satchmo) foi un músico de jazz, trompetista e tamén vocalista orixinario de Nova Orleáns (Louisiana). Comezou a tocar a corneta no correccional con 14 anos, e foise convertendo nun intérprete cada vez mais popular na súa cidade natal até que en 1922 King Oliver o chamou a Chicago para incorporalo ao seu grupo como segundo corneta. Axiña se veu que o aluno superaba ao mestre e en 1925 comezou a gravar como lider coa sua banda: os Hot Five e Hot Seven. Estás grabacións cambiarían o Jazz dunha música de improvisación colectiva a unha onde o fundamental é o solo, a expresión individual dun músico. Coa Chegada da era das grandes bandas, Armstrong liderou moitas sen alcanzar o éxito artístico das suas grabacións en pequenos grupos, até que en 1947 voltou cos seus All Stars. Na última étapa da súa vida tivo problemas cos lábios que lle impedían tocar e pasou a converterse cada vez mais nun cantante e entertainer. O feito de que hoxe se lle identifique con esa última etapa non cambia que foi el quen nos anos 20 definiu o jazz no sentido no que o entendemos hoxe.
[editar] Ligazóns externas