Oitava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En música, a oitava é o intervalo entre dúas notas separadas entre si 6 tons na escala diatónica ou, desde o punto de vista físico, entre dúas notas que teñan o dobre ou a metade de frecuencia.

Xa Pitágoras se decatara de que cando unha corda vibra na metade da súa lonxitude a nota que emite é a oitava da fundamental; hoxe dicimos que a frecuencia da oitava é o dobre da fundamental. Por exemplo, a nota La que se usa para afinar ten unha frecuencia de 440 Hercios, a súa oitava superior ten 880 Hz e a inferior 220 Hz. Outras oitavas atópanse a 2n veces a frecuencia desa nota (n é un número enteiro), tal e como 2, 4, 8, 16, etc, e a serie recíproca. Por exemplo, 55 Hz e 440 Hz están a unha e a dúas oitavas de distancia respectivamente de 110 Hz porque son 1 / 2 (1 / 21) e 4 (22) veces a frecuencia, respectivamente; porén, 330 Hz non está a un número enteiro de octavas por riba de 110 Hz, ainda que sexa un harmónico de 110 Hz.

Notas correlativas de series inmediatas[editar | editar a fonte]

Esta orde das notas é o xeral e máis básico, pero pode haber outro dependendo da tonalidade.

Para falar xeralmente das notas dun modo xeral noméanse os graos. Existe un grao por cada nota:

  • Tónica: é o grao máis importante. Dalle o nome a tonalidade.
  • Supertónica: chámase así por estar por riba da tónica.
  • Mediante ou modal:
    • Chámase mediante por estar no medio dos graos maís importantes (tónica e dominante)..
    • Chámase modal por ser a nota que lle da o modo á tonalidade.
  • Subdominante'': chámase así por estar por debaixo da dominante.
  • Dominante: é a segunda nota máis importante.
  • Superdominante: chámase así por estar por riba do dominante.
  • Sensible ou subtónica:
    • Chámase sensible cando está medio tono por debaixo da tónica.
    • Chámase subtónica cando está un tono por debaixo da tónica.
  • O oitavo grao é a repetición do primeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Estes conceptos amplíanse en tonalidade, modalidade, intervalos e escalas (distintos tipos de escala diatónica maior e menor)