Arthur Honegger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Honegger en 1921.

Arthur Honegger, nado en Le Havre (Francia) o 10 de marzo de 1892 e finado o 27 de novembro de 1955 en París (Francia), foi un compositor suízo e parisino de adopción (xa que conservou a nacionalidade suíza toda a súa vida). Formou parte do grupo chamado Les Six (Os Seis).

As súas obras máis interpretadas son a súa composición para orquestra (Movemento Sinfónico Nº1) Pacific 231 (1923), que imita o son dunha locomotora de vapor; o seu Movemento Sinfónico Nº2 Rugby (1928), que imita o son dun partido de rugby (zigzagueos na música e os enfados entre os equipos); e tamén son famosas as súas sinfonías, en especial o primeiro movemento da Nº3 litúrgica ('Dies Irae'). A raíz da composición de Pacific 231 unha vez declarou: "Sempre amei as locomotoras con gran paixón. Para min, son seres vivos aos que amo, igual que outros aman ás mulleres ou aos cabalos".

Compositor prolífico e desexoso de ilustrar a transformación da sociedade, sobre todo pola técnica ou o deporte, Honegger escribiu para o teatro, a radio e o cine, así como para a sala de concertos: ballets, cancións, concertos, música de cámara, música de cine, óperas, oratorios, sinfonías.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nacido en Le Havre como Oscar-Arthur Honegger (se ben nunca empregou o seu primeiro nome). En 1911, dous anos despois de se matricular no Conservatorio de Zürich (Suíza), s'être inscrit au Conservatoire de Zurich, Honegger o abandonou para estudar no Conservatorio de París, onde estudou violín e coñeceu a Darius Milhaud e Jacques Ibert. Foi alumno de Charles-Marie Widor e Vincent d'Indy. En 1918, abandonou o Conservatorio tendo xa composto melodías, o seu primeiro cuarteto e un poema sinfónico, Le Chant de Nigamon.

Entre a Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial, Honegger foi un compositor prolífico. Compuxo a música para o filme épico Napoleón de Abel Gance (1927). Unha das súas óperas, Jeanne d'Arc au bûcher (1935), està considerada como o seu traballo máis refinado. Ademais das óperas que escribíu en solitario, colaborou con Jacques Ibert na composición da ópera l'Aiglo (1937) así como na composición da opereta Les Petites Cardinal. Durante este período de tempo escribíu tamén Danse de la Chèvre (1921), unha peza para solo de frauta adicada a René Le Roy, unha peza viva e xuvenil. Moi atado á renovación do repertorio, recibíu a influencia de Igor Stravinski, sobre o cal escriu unha ensaio en 1939.

Honegger estivo sempre en contacto con Suíza, mais co inicio da Guerra e a invasión nazi, encontrouse atrapado en París. Uniuse á Resistencia francesa, aínda que nunca tivo excesivos problemas cos nazis, que lle permitiron seguir traballando sen demasiadas interferencias. Sen embargo, a Guerra foi un duro golpe para o compositor. A pesar deso, dende o inicio da Guerra ata o momento da súa morte escribíu as súas últimas catro sinfonías (dende a segunda ata a quinta), as máis interpretadas.

Arthur Honegger morreu na súa casa en Novembro de 1955 vítima dun ataque ao corazón, e está enterrado no Cemiterio de Saint-Vincent do barrio parisino de Montmartre.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • En 1992 fixéronse selos de correos en Alemaña coa imaxe de Honegger para conmemorar o centenario do nacemento do compositor suízo.
  • A imaxe de Honegger é empregada nos billetes de 20 francos suízos dende 1996

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Arthur Honegger