Instrumento de corda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte dun violonchelo

Os instrumentos de corda ou cordófonos son instrumentos musicais que producen sons por medio das vibracións dunha ou máis cordas que están tensas entre dous puntos do instrumento; sons que son trasmitidos a unha caixa de resonancia cando estas son beliscadas ou fricionadas.

Na clasificación Hornbostel-Sachs, bastante utilizada actualmente, estes instrumentos representan a clase dos cordofonos identificada polos códigos iniciados polo número 3.

Historia[editar | editar a fonte]

Os instrumentos de cordas son importantes na historia da música occidental pois foi cun instrumento constituído dunha única corda, o monocórdio, que os filósofos e matemáticos da escola pitagórica descubriron todos os principios matemáticos que rexen os intervalos, escalas e a harmonía, dando orixe ao estudo da teoría musical hai máis de seis mil anos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Dentro da orquestra clásica, chámase cordas ao ensamble de instrumentos de corda fretada conformado polos grupos de violíns (normalmente divididos en violíns primeiros e segundos), violas, violoncellos e contrabaixos. O mesmo sucede coa orquestra de cordas, que está conformada polos mesmos instrumentos. De forma similar fálase dun trío, cuarteto ou quinteto de cordas, cando se trata de agrupacións de violín, viola e violoncello; 2 violíns, viola e violoncello; ou 2 violíns, viola, violoncello e contrabaixo respectivamente.

Os instrumentos de corda divídense en tres subgrupos en función de como son tocados:

  1. Instrumentos de corda fretada, nos que a corda ponse en vibración por medio do fretamento cun arco. Deslízase un arco sobre as cordas para facelas vibrar, como na viola. Mais, en ocasións, estes instrumentos tamén se poden puntear cos dedos (o que se coñece como pizzicato).
  2. Instrumentos de corda pulsada ou punteada, nos que a corda ponse en vibración mediante a pulsación da propia corda. Esta puntéase cos dedos ou cun plectro (púa) sobre as cordas, como no caso da guitarra o da arpa.
  3. Instrumentos de corda percutida, nos que a corda ponse en vibración ao ser golpeada por un pequeno martelo. O instrumento máis coñecido deste terceiro grupo, é o piano, no que os martelos, feitos de madeira e forrados de feltro, están controlados por un mecanismo accionado polas teclas. Outro integrante, máis antigo, de este grupo, é o clavicordio.

Principio de funcionamento[editar | editar a fonte]

O estudo dos instrumentos de corda está baseado na teoría das ondas estacionárias, ou sexa, na frecuencia das ondas sonoras que as cordas emiten. Esas frecuencias naturais dependen de tres factores: a densidade linear das cordas (a masa da corda dividida pola súa lonxitude), o módulo da tracción a que elas están sometidas (se a corda está máis apertada ou frouxa no brazo do instrumento) e a lonxitude linear da corda. Iso significa que podemos alterar a altura das notas e súa afinación ao variar calquera unha desas características: Se dúas cordas posúen a mesma densidade e lonxitude, a que sufre maior tensión producirá notas máis agudas. Cordas máis longas producen notas máis graves que as máis curtas. Cordas máis grosas (con maior densidade linear) producen notas máis graves que as máis finas. Os instrumentos utilizan variacións desas características para definir a frecuencia fundamental de cada corda. Hai instrumentos en que todas as cordas teñen a mesma lonxitude, mais a tensión e espesura varían, como a guitarra. Noutros todas as cordas teñen a mesma espesura e soamente a lonxitude e a tensión varían, como nalgunhas liras e cítaras. Hai aínda aqueles en que as tres características varían de corda a corda para obter toda a extensión do instrumento, como no piano.

Foto dun violin Stradivarius

Hai unha gran variedade de formatos, tamaños, cantidades de cordas e maneiras de executar instrumentos de cordas, mais o que todos teñen en común é que as cordas son estendidas entre dous puntos de apoio (normalmente chamados de cavaletes) e tensionadas de modo que a maior parte da súa lonxitude quede libre para vibrar. Nalgúns casos a tensión é dada polo propio corpo do instrumento e non é posíbel controlala para alterar a afinación, como é o caso do berimbau. A gran maioría, non entanto, ten algún mecanismo de control da tensión das cordas, por parafusos, caravilleiros ou pancas.

Debido ao pequeno volume sonoro que a vibración dunha corda produce, a maioría dos instrumentos de cordas teñen unha caixa acústica que amplifica o son producido, como o caso do violín, da viola, do violoncello, do contrabaixo e da guitarra. Algúns instrumentos non teñen caixa de resonáncia e necesitan de amplificación externa, como a Guitarra eléctrica e o Baixo. A amplificación tamén pode ser obtida pola aproximación do instrumento a corpos ocos e, nalgúns casos, o propio corpo do executante, como a boca ou a caixa torácica. Outros aínda permiten a remoción da caixa de resonáncia sen que iso prexudique substancialmente o son.

Gran parte da calidade sonora dos instrumentos de cordas depende da combinación entre as cordas e a caixa de resonáncia. Polas características resonantes a caixa de resonáncia é, na maior parte dos casos feita de madeira. A madeira e os espazos de ar no corpo dun violín, por exemplo, son esenciais na produción dun son con calidade. Un bo violín ten a virtude especial de vibrar fielmente con cada corda e nas diversas alturas, mesmo nas máis agudas. Un violín deficiente altera as vibracións, aumentando algunhas e omitindo outras. O formato e cantidade das aperturas da caixa de resonáncia tamén contribúen para reforzar os sons desexables e absorber os indesexables.

Execución[editar | editar a fonte]

Así como hai unha variedade de formas construtivas, tamén a execución dos instrumentos de cordas é bastante diversificada.

Control das alturas[editar | editar a fonte]

Moitos destes instrumentos teñen cordas presas a un brazo e as lonxitudes relativas das cordas son variadas mediante a presión feita polos dedos dunha das mans [en xeral a man esquerda (dereita para os zurdos)]. Obtéñense os distintos tons variando esta lonxitude no percorrer da corda. Exemplo deste tipo son: a guitarra, o violín, a viola, o violoncello, os baixos e contrabaixos, o cavaquiño, o laúde, o banjo, a mandolina e moitos outros. Algúns destes instrumentos posúen trastes que dividen o brazo en partes de tamaño fixo, permitindo só a variación en intervalos de semitonos (ou de cuarto de ton nalgúns instrumentos orientais). Nos instrumentos que non posúen trastes, cabe ao executante facer o axuste fino da afinación. Iso permite a execución de escalas microtonais e tamén a realización de correccións de afinación en tempo real durante a execución.

Noutros casos, as lonxitudes das cordas non varían durante a execución. Na maioría destes, hai unha corda para cada nota que se desexe producir e se a nota non existe na configuración orixinal do instrumento ela non pode ser obtida doutra forma. Exemplo deste tipo son: o piano, o clavecín, o clavicémbalo, a cítara, o saltério e todos os seus derivados como a kantele, a lira e o saltério. A arpa é unha excepción. Aínda que as cordas tamén teñan tamaño fixo, os seus pedais varían a tensión aplicada nalgunhas cordas permitindo aumentar a extensión cromática do instrumento.

Produción do son[editar | editar a fonte]

Para facer vibrar a corda, usanse principalmente tres métodos: as cordas poden ser beliscadas, friccionadas cun arco ou percutidas. Calquera instrumento de cordas pode ser executado polas tres formas, mais algúns son máis frecuentemente usados dunha forma que das outras. Un violín, por exemplo é executado principalmente coa frición do arco, mais as súas cordas tamén poden ser beliscadas (pizzicato) ou percutidas coa parte posterior do arco (col legno). De forma semellante, poderiamos tocar unha guitarra con arco ou repicar as cordas dun piano, aínda que estas formas de execución sexan raras.

Cordas beliscadas[editar | editar a fonte]

Plectro

Nestes instrumentos a corda faise vibrar ao ser beliscada ou tangida cos dedos, uñas, plectros ou palletas. Noutras palabras, a corda é levemente desprazada da súa posición de repouso e despois solta para que vibre libremente. Esta forma de execución fai que o son se inicie bruscamente (ataque de curta duración). A corda mantén a vibración por un tempo longo e decae lentamente até o silencio. Timbres lixeiramente distintos poden ser obtidos no caso de que as cordas sexan accionadas coa punta dos dedos, coas uñas ou co uso de palletas, sendo que a última forma é preferida cando as cordas son de metal ou moi tensas.

Nos instrumentos con brazo, o músico pode estirar a corda cara diante e soltala para que bata violentamente contra o brazo, provocando un estalo (chamado de snap ou slap).

Entre os instrumentos que son tocados frecuentemente desta forma, están todos os instrumentos de cordas con brazo (como o violín, baixo e viola) alén das arpas e liras e dalgúns instrumentos de teclado e plectro (como o cravo e o clavicordio).

Cordas friccionadas[editar | editar a fonte]

Neste caso úsase un arco feito de madeira, cun feixe de filamentos (xeralmente crina de cabalo) que son fixados os seus extremos e tensionados. A crina é encerada para aumentar o atrito e friccionada transversalmente sobre as cordas, producindo unha vibración rica en parciais non harmónicos e, por esa razón, moi distinta do timbre da corda beliscada ou percutida. As notas poden ser tan longas como o músico desexe pois duran todo o tempo do movemento da frición. A intensidade do son pode ser controlada pola presión do arco contra as cordas. Efectos de ligadura e portamento poden ser obtidos pola execución de varias notas coa mesma arcada, sexa pola variación de lonxitude nunha mesma corda, sexa polo movemento do arco dunha corda á adxacente. De modo diverso, cando o arco é desencostado das cordas entre cada nota, é obtido o efecto de staccato ou marcato.

Aínda que calquera instrumento de cordas poida ser tocado así, moitos deles son construídos especificamente con esa finalidade e posúen certas características que facilitan esa práctica, tales como a sección arredondada do brazo e a disposición das cordas, que permiten pasar o arco en só unha corda de cada vez. Entre eles están o violín, a viola, o violoncello, o contrabaixo, a viola da gamba e o rabel.

Cordas percutidas[editar | editar a fonte]

O piano é o máis sofisticado dos instrumentos de cordas

As cordas poden ser percutidas con baquetas, martelos ou co propio arco. O son da corda percutida se inicia bruscamente e, cando a corda non é abafada, ten longa duración. Normalmente ese método é usado en instrumentos que posúen unha corda (ou conxunto de cordas) para cada nota e permite a execución de pasaxes mélódicas moi rápidas e acordes de forma máis fácil que nos outros instrumentos por non ser necesario usar unha das mans para controlar a lonxitude da corda e as dúas mans poden ser usadas para controlar as baquetas ou o teclado. Unha excepción é o berimbau que só posúe unha corda e ten a súa lonxitude controlada por unha moeda ou anel metálico nunha das mans, mentres a outra percute a corda cunha baqueta.

A intensidade das notas é controlada pola forza da batida. Poden ser usadas pequenas baquetas que percuten unha corda de cada vez, como no saltério. Musicos habilidosos poden controlar diversas baquetas en cada man para producir acordes.

Se sé usa un teclado, cada nota posúe un martelo e é posíbel tocar calquera combinación de notas desexables. O principal instrumento desa categoría é o piano, que na súa forma moderna, posúe 88 teclas que controlan un sofisticado sistema de martelos para percutir as cordas de cada nota de maneira independente, ben para silenciar cada corda para terminar o son cando o pianista solta a tecla.

Cordas sopradas[editar | editar a fonte]

Unha Arpa eólica no castelo de Baden Baden, en Alemaña.

As cordas son accionadas polo movemento do ar. San extremamente raros, mais como exemplo pódese citar a arpa eólica (ou arpa eólia).

Outras técnicas[editar | editar a fonte]

Son varias as técnicas específicas dos instrumentos de cordas.

  • Sordina - unha peza de madeira que se coloca sobor as cordas, preto do cavalete para afogar a intensidade do son producido. Usado no violín, viola, contrabaixo e violoncello.
  • Vibrato - nos instrumentos con brazo, a man usada para controlar a altura fai vibrar a corda e altera lixeiramente a altura da nota.
  • Armónicos - a corda non é presionada contra o brazo do instrumento. Ao contrario diso, o músico coloca levemente o dedo sobre un dos nós armónicos da corda. Iso anula a frecuencia fundamental e fai soar só os armónicos superiores ao seleccionado. Iso produce un timbre cristalino en instrumentos beliscados e notas máis suaves nos instrumentos de arco. Aínda que é máis común nos instrumentos con brazo, pode ser executado en calquera corda tensionada.
  • Glissando - En italiano, escorregando ou deslizando. O instrumentista escorrega os dedos ao longo da corda mentres ela soa, producindo un aumento ou diminución da frecuencia, que pasa por todas as notas intermediarias. Executble en calquera instrumento con brazo, pero podense obter mellores resultados en instrumentos sen trastes.
  • Fret noise - Ou "ruido do traste". En instrumentos con traste, principalmente nas cordas máis grosas, o movemento do glissando produce un ruído de frición, frecuentemente ouvido en violíns e baixos acústicos.
  • Slide - En inglés, deslizar. Outra variación do glissando, mais ao contrario do dedo descuberto é usado un tubo de metal ou vidro que envolve o dedo (algúns músicos usan o pescozo cortado dunha botella). Usado principalmente por guitarristas de blues.
  • Tapping - En inglés, tecleo. Ao contrario de usar a man esquerda para dividir a corda e pellizcar coa dereita, os dedos, de calquera das mans, son batidos con forza directamente no brazo, sobre os puntos de flexión ou sobre os trastes. Iso produce un efecto percusivo sen o uso de baquetas. O guitarrista de jazz Stanley Jordan é especializado nesa técnica, moi usada tamén entre diversos virtuosos, como Steve Vai e Stevie Ray Vaughan.
  • Bend - Literalmente, dobrar ou afrouxar. Normalmente executado a través do movemento do dedo do executante, que estea dividindo a corda no brazo do instrumento, no sentido perpendicular á corda. Algunhas guitarras e baixos posúen unha panca que permite mover o cavalete e afrouxar levemente as cordas producindo unha variación de altura na nota. Usado principalmente por guitarristas de rock.
  • Trémolo - Unha corda pode ser beliscada ou percutida rápida e repetidamente producindo un efecto de tremor. En xeral realizase cun rápido movemento de palleta, ou cun escurremento do dedo entre os puntos do brazo. Moi común na técnica da mandolina.

Ademais diso hai unha enorme variedade de efectos acionados electronicamente o son das guitarras e baixos. Os músicos destes instrumentos, principalmente no rock, posúen módulos de efectos que posibilitan alterar a altura, a duración, a sustentación e o timbre do instrumento, ben para producir repeticións, ecos e distorsións. Entre os máis comúns están, o phaser, o flanger, o superagudo, o sustain e o delay.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Xeralmente os instrumentos de cordas son divididos de acordo con dous criterios. O máis común é a propia forma de produción sonora e neste caso son divididos en cordas beliscadas, cordas friccionadas e cordas percutidas.

Na clasificación Hornbostel-Sachs estes non son os criterios principais porque non sempre a forma principal é a única e hai varios instrumentos que utilizan as tres formas indiscriminadamente. Nesta clasificación o criterio principal é construtivo e a primeira división indica só a existencia ou non de caixa de resonáncia:

  • Subgrupo 31 - Cordofonos simples - instrumentos que son, en eséncia, compostos dunha corda ou cordas estiradas nun soporte. Estes instrumentos poden ter unha caixa de resonáncia, pero a súa remoción non impide a execución do instrumento (aínda que poida alterar o timbre ou a intensidade do son producido). Entre estes destácan, o berimbau, varios tipos de arpas, liras e cítaras.
  • Subgrupo 32 - Cordofonos compostos - instrumentos que teñen unha caixa de resonáncia como parte integral do instrumento. Isto inclúe a maior parte dos instrumentos de cordas occidentais, como os violíns, guitarras e a arpa orquestral.

Nos niveis máis baixos desa clasificación son criterios de diferenciación: a forma de execución, a posibilidade de variar a lonxitude ou tensión das cordas, existencia de trastes, teclados e mecanismos de silenciamento das cordas.

Lista dalgúns instrumentos de corda[editar | editar a fonte]

Cavaquiño en exposición

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: instrumentos de corda