N-120
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
||||
|---|---|---|---|---|
|
|
||||
| Clasificación | Rede nacional | |||
| Tipoloxía | Estrada convencional | |||
| Inicio | Logroño | |||
| Fin | Vigo (Porto) | |||
| Lonxitude | 662 km | |||
Estrada N-120 ó seu paso por Vilasobroso, Mondariz.
A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última.
Cun percorrido de 662 km pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.
Índice |
Percorrido [editar]
Tramo A Rioxa [editar]
| Localidade | Ligazóns/saídas | Estrada coa que liga |
|---|---|---|
| Logroño | Soria Pamplona Zaragoza Laguardia Lodosa Oyón Ribafrecha |
N-111 N-111 A-12 AP-68 LR-132 LR-131 A-2126 LR-250 |
| Navarrete | cara a Fuenmayor Soria |
LR-137 |
| Daroca de Rioja | LR-341 | |
| Ventosa | LR-342 | |
| Huércanos | LR-322 | |
| Alesón | LR-428 | |
| Huércanos | LR-427 | |
| Tricio | LR-136 | |
| Nájera | Salas de los Infantes - Uruñuela | LR-113 |
| San Asensio | LR-208 | |
| Hornilla | LR-313 | |
| Briones | LR-315 | |
| Azofra | LR-206 | |
| Rodezno - Alesanco | LR-312 | |
| Hervías | Bañares - Cirueña | LR-309 |
| Santo Domingo de la Calzada | Haro( AP-68 ) - Ezcaray Herramélluri Cirueña Manzanares de Rioja Corporales |
LR-111 LR-201 LR-204 LR-325 LR-323 |
| Grañón | Villalobar de Rioja - Villarta-Quintana | LR-308 |
Tramo Castela e León [editar]
Tramo Galicia [editar]
Vías paralelas [editar]
Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción.
- Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago.
- Burgos circunválase mediante a BU-30.
- Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo.
- Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Plata A-66, en servizo.
- Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo.
- Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.
- Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto.
- Entre Ourense e O Porriño o corredor correspóndese coa Autovía das Rías Baixas A-52, en servizo.
- Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) en Puxeiros, o corredor correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, en servizo.
- Entre a ligazón coa AP-9 en Puxeiros e Vigo, na avenida de Madrid, o corredor correspóndese coa autovía A-55, en servizo.
- Entre a avenida de Madrid de Vigo e o porto de Vigo, correspóndese coa circunvalación VG-20, en servizo.