Río Barbaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Barbaña
O río Barbaña ao seu paso por Ourense.
PaísGalicia Galicia
NacementoFigueiroá, Paderne de Allariz
Altitudemsnm
Lonxitude22,5 km
DesembocaduraRío Miño

O río Barbaña é un afluente do río Miño pola súa banda esquerda.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nace no monte Cobreiro, en Figueiroá no concello de Paderne de Allariz.

Segue unha dirección leste-oeste e atravesa os concellos de Taboadela e San Cibrao das Viñas, chegando a Ourense onde vai desembocar no río Miño, preto da ermida dos Remedios e da Ponte do Milenio.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Marxe dereita
  • Regueiro Fozado
  • Regueiro de Zaín
Marxe esquerda
  • Río Barbadás, ou dos Muíños[1]
  • Regueiro de San Bieito
  • Río de Taboadela
  • Regato de Pazos
  • Río Cerdeiriño

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]