Villanueva de la Serena
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Villanueva de la Serena é unha cidade de España, na provincia de Badaxoz, Comunidade Autónoma de Estremadura.
Situación[editar]
Situada na comarca de Las Vegas Altas, a portas da comarca da Serena (e historicamente pertencente a ela) e a escasos 5 Km da veciña Don Benito, deu lugar xunto con esta unha nova aglomeración urbana de relevancia en toda a rexión cunha poboación duns 60.000 habitantes, formando un centro agrícola, industrial e de servizos cunha gran influencia tanto a nivel comarcal como rexional. O Camiño Natural das Veigas do Guadiana (Vía Verde das Veigas do Guadiana e as Villuercas) empeza aquí.