Luís Amado Carballo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis Amado Carballo")
Luís Amado Carballo
Luís Amado Carballo
Nacemento: 2 de maio de 1901
Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento: 3 de setembro de 1927
Pontevedra Galicia Galicia
Lingua: Galego
Xénero(s): Poesía

Luís Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901 e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego. En 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Índice

Traxectoria [editar]

Cursou estudos de Filosofía e Letras, mais non os rematou, aínda que esta formación lle permitiría posteriormente exercer de mestre de escola, traballo que compaxinou co xornalismo.

Placa na súa casa de Pontevedra.

En 1920 trasládase a Madrid coa idea de dedicarse ao xornalismo, cousa que só consegue parcialmente. Leva unha vida bohemia e asiste a algunhas tertulias literarias. De volta en Pontevedra, en 1922 fundou xunto con Xoán Vidal Martínez a revista Alborada. En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo e despois en El Pueblo Gallego.

Morreu na súa viña natal aos vinte e sete anos a consecuencia da tuberculose.

Obra [editar]

Amado Carballo publicou en El Pueblo Gallego

Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Malia finar novo, tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a grande protagonista é a paisaxe, especialmente da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.

Prosística [editar]

Poética [editar]

Recompilacións [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Vicente Risco
Día das Letras Galegas
1982
Luís Amado Carballo
Sucesor:
Manuel Leiras Pulpeiro