Octosílabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O octosílabo identifica un enunciado de oito sílabas. Pode aplicarse a unha palabra, un verso, unha oración ou un texto.

O verso octosílabo[editar | editar a fonte]

Un verso octosílabo ten oito sílabas métricas. Por tanto, con estes versos, fórmanse composicións de arte menor. O verso octosílabo é a métrica popular tradicional na Península Ibérica. Encontrámola, por exemplo, frecuentemente recollida tanto en galego como en portugués ou en español, o que significa que ten unha sonoridade, musicalidade e ritmo espontáneos enraizados nas linguas románicas peninsulares, polo que foi xerado espontaneamente polo pobo en formas diversas, acompañadas de música ou non. Un exemplo de cantiga popular octosílaba é esta copla de Taragoña, Rianxo:

Non me lembres Taragoña
Terra onde eu nacín,
Lémbrame a fonte do Grolo
Auga que eu dela bebín.

Composicións de octosílabos[editar | editar a fonte]

Segundo o tipo de rima, podemos entender tres tipos de composicións octosílabas:

Rima asonante[editar | editar a fonte]

Son coñecidas as coplas que combinan catro versos con rima nos versos pares, quedando libres os impares: - a - a. Tamén son coñecidos os romances que, de modo semellante, teñen rima asonante nos versos pares, quedando libres os impares: - a - a - a - a - a - a...

Rima consonante[editar | editar a fonte]

A décima son dez versos co seguinte esquema de rima consonante: a b b a a c c d d c
Existe tamén unha variante de copla, chamada copla de pé quebrado, que combina octosílabos e tetrasílabos coa seguinte rima: 8a 8b 4c 8a 8b 4c

Rima indiferente[editar | editar a fonte]

Fican por comentar, as seguintes composicións de rima indiferente, é dicir, que poden formarse con rimas asonante ou consonante:

Autores que utilizaron octosílabos de forma relevante[editar | editar a fonte]

Polo que comentamos, todos os autores ou autoras literarios que basean a súa poesía nas formas populares farán uso frecuente do octosílabos. Así o encontramos por exemplo en Rosalía de Castro (1837-1885) tanto en Cantares Gallegos (1963) como en Follas Novas (1880). Como mostra dilo, podemos recoller este coñecido poema da primeira obra mencionada, formado por coplas:

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey,
Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.
Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.
Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!
Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...
Fragmento Cantares gallegos [1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cantares Gallegos Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. na páxina da Real Academia Galega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]