Malé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Malé
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
MaldivesMap.png
Estado: Flag of Maldives.svg Maldivas
Rexión:
Atol: Kaafu
Distrito: Capital
Xeografía
Altitude: 1 msnm
Superficie: 5´798 km² km²
Poboación
Poboación total: 103.693 hab. (2006)
Densidade de poboación: 17.884 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:
Vista aérea de Malé, capital das Illas Maldivas

Malé é a capital das Maldivas, sita no atol do mesmo nome. A súa poboación era de 104.403 habitantes (2006).

Índice

Situación [editar]

Malé está sita no atol de Kaafu, que é o borde sur do atol de Malé, porén a cidade non se considera que forme parte del desde o punto de vista administrativo. As súas coordenadas son: 4º 10' N e 73º 30' L. O seu clima tropical, como o do resto das illas está suavizado polo Océano Índico.

Urbanismo [editar]

En Malé vivían máis de 70.000 persoas, de xeito que está sobrepoboada. O total da superficie da illa, 1´5 km², está recuberta de edificios.

Para remediar este problema, o goberno criou unha illa artificial extraendo area do fondo do mar. Sobre esta nova illa prevese que acolla a 100.000 habitantes (poboación que xa supera); os edificios están en construción. Foi elevada 2 metros por riba do mar para paliar unha eventual subida das augas.

Divisións administrativas [editar]

A cidade está repartida en catro divisións: Henveiru, Galolhu, Maafannu e Macchangolhi. O cercano atol de Vilingili, antes un resort turístico é a quinta división (Male'viligili) que está a considerar o goberno.

Servicios administrativos e sociais [editar]

Os edificios gubernamentais están concentrados na cidade. Acolle dous hospitais, un público e outro privado, e os centros educativos superiores, así como os bancos e casas comerciais máis importantes. En Malé fican dúas das tres mezquitas que hai nas Maldivas.


Comunicacións e economía [editar]

Ademais do porto, Malé conta cunha base para hidroavións. O aeroporto internacional, está situado no veciño atol ou illa de Hulhule. Varios proxectos e obras conseguintes permitiron o agrandamento do porto. Todos estes medios fan de Malé o centro de comercio da noz e da fibra de coco, da copra e de cunchas de cauri, que son os principais artigos de exportación do arquipélago. O turismo é un sector en expansión.

Ligazóns externas [editar]



Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: