Granada, Nicaragua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NicaraguaGranada.png

Granada é unha cidade de Nicaragua. Foi fundada en 1524 por Francisco Hernández de Córdoba e unha das primeiras cidades fundadas en territorio continental americano.

A cidade é a cabeceira do Departamento de Granada, está situada na ribeira do Lago Cocibolca. Actualmente conta con 110.536 habitantes, na súa maioría descendentes europeos e mestizos.

Granada, tamén é coñecida como: A Gran Sultana, pola súa aparencia mourisca e andaluza, a diferenza de León, a súa cidade rival histórica, a cal ten tendencias máis castelanistas.

Praza da independencia, coa catedral ao fondo.