Hábitat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Hábitat (do latín, "el habita") é un concepto usado en ecoloxía que inclúe o espazo físico e os factores abióticos que condicionan un ecosistema e desa forma determinan a distribución das poboacións de determinada especie. O concepto de hábitat é en xeral usado en referencia a unha ou máis especies no sentido de establecer os lugares e as condicións ambientais onde o estabelecemento de poboacións deses organismos é viable (por exemplo, o hábitat da troita son os cursos de auga ben osixenados e con baixa salinidade das zonas temperadas).