Provincia de Misiones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Misiones
Bandera de la Provincia de Misiones.svg Esc mis.jpg
Capital
poboación (ano)
Posadas
252.981 habitantes (2001)
Provincia de Misiones (Argentina).svg
Gobernador Maurice Closs (Frente Renovador de la Concordia-FPV)
Superficie 29.801 km²
Poboación
Densidade
1.101.593 hab.(2010)
36,84 hab./km²
Xentilicio misionero/a

A provincia de Misiones é unha das 23 provincias de Arxentina. Ten unha poboación de 1.101.593 habitantes (2010) e a súa capital é Posadas. Situada no nordeste do país, é a segunda provincia máis pequena do estado con 29.801 km², superando tan só a Tucumán. No 2008 a súa poboación alcanzaba 1.077.981 habitantes.

Misiones debe o seu nome ás misións xesuítas estabelecidas no seu territorio (reducións) e gobernadas por eles até o ano 1767, data na que foron expulsados dos territorios da coroa española.

Límites[editar | editar a fonte]

Misiones limita polo norte e polo leste con Brasil, polo oeste con Paraguai, e polo sur coa provincia de Corrientes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Corrientes está caracterizado polo seu terreo quebrado, aínda que propiamente non é terreo montuoso. Porén os ríos escavaron vales numerosos. Os principais ríos son o Paraná, o Paraguai e o Iguazú, cada un deles provisto de innúmeros afluentes.

O clima é tropical de tipo húmido, con chuvias repartidas ao longo de todo o ano, o que propicia unha abundante vexetación boscosa.

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]