Acícula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arume, follas aciculares do piñeiro.

Acícula (do latín vulgar acucula, diminutivo de acus agulla) é o termo empregado en botánica para designar aguillóns magros e febles que non son feridores.[1][2] Por extensión, os órganos aciculares son aqueles con forma longa e fraca, moi especialmente as follas dos piñeiros e outras coníferas. En galego reciben o nome común de frouma, agulla ou arume, así coma unha infinidade de variedades dialectais: bruma, garfa, lesta, padumeiro, pica, pilro, piñuca, pulazo, rama, etc.[3] O arume úsase para acender lumes ou coma cosmbustíbel.


Noutras disciplinas como a zooloxía ou a mineraloxía úsase tamén este termo, facendo referencia sempre a órganos ou outros elementos longos, finos e rematados en punta.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Font Quer, P. (1982)
  2. 2,0 2,1 Lancha y Sempere (1988)
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frouma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Varios autores (2002). Termos Esenciais de Botánica. pp. 18.
  • Allaby, M.. Diccionario del medio ambiente.
  • Font Quer, P.. Diccionario de botánica.
  • Lancha, J.M. y T. Sempere. Diccionario de ciencias naturales. Usos y etimologías.