Aciñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aciñeira
Quercus ilex0.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Xénero: Quercus
Nome científico
Quercus ilex L.
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A aciñeira ou enciño (Quercus ilex L.) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

Índice

[editar] Morfoloxía

Acada unha altura de 20-27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.

Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.

A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.

[editar] Hábitat

Os aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.

Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas