Abeto de Douglas
| Abeto de Douglas | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pseudotsuga menziesii en Varsovia. |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| '''Pseudotsuga menziesii''' (Mirb.) Franco[1] |
|||||||||||||||
|
Distribución
|
|||||||||||||||
O Abeto de Douglas, tamén coñecido como piñeiro de Oregón, (Pseudotsuga menziesii) é unha árbore do xénero Pseudotsuga orixinaria de América do Norte.
En Galicia é moi empregado con fins ornamentais e en repoboacións forestais.
Índice |
Descrición[editar]
É unha árbore de folla perenne e monoica. Adoita chegar aos 75 m de altura, aínda que existen exemplares de ata 100 metros. Está considerada como unha das árbores máis altas do mundo. O abeto máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Medrou preto de Mount Rainier, en Washington; tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura, e caeu en 1930. Na actualidade o máis alto é o abeto "Brummit", descuberto en 1991 en Coos County, no Estado de Oregon. Mide 100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro, e ten un volume de 296,63 m³.
A súa cortiza é grosa, máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada. As follas son acículas flexibles e acanaladas na face, de 2 a 3 cm de lonxitude e de cor verde escura, cun forte olor a limón ou mandarina ao fretar. As inflorescencias masculinas son verde-amareladas e as femininas verdosas ou vermellas. Piña grande, de cor marrón clara e con brácteas que sobresaen entre as escamas.
Usos[editar]
Utilizada con fins ornamentais e como madeira, ten moitas aplicacións na carpintaría e úsase, ademais, para facer pasta de papel, vigas, travesas de ferrocarril etc.
Véxase tamén[editar]
Referencias[editar]
- ↑ Douglasia verde, pág. 18 - Gregor Aas y Andreas Riedmiller: Gran Guía de la Naturaleza, editorial Everest, traductor Eladio M. Bernaldo de Quirós, ISBN 84-241.2663.5, 4.ª edición, 1993.