Druída

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie sobre
Mitoloxía celta
Coventina

Politeísmo celta
Deuses celtas

Antiga relixión celta

Druídas · Bardos · Vates
Relixión de Britania na Idade de Ferro
Trazos da relixión celta
Relixión galorromana
Relixión romanobritánica
Relixión na Gallaecia

Mitoloxía irlandesa

Tuatha Dé Danann
Ciclo mitolóxico
Ciclo do Ulster
Ciclo de Finn
Immrama · Echtrae

Mitoloxía galesa

Mabinogion · Taliesin
Cad Goddeu
Trioedd Ynys Prydein

Ver tamén

Celtas · Galia
Galacia · Celtiberos
Galaicos · Bretóns
Historia de Irlanda
Historia de Escocia
Historia de Gales

Índice de artigos relacionados

Os druídas eran unha elevada clase social dentro das tribos celtas, desempeñaban funcións relixiosas, médicas e de ensino. Os privilexios dos que disfrutaban (non tomaban parte nas guerras e estaban exentos do pago dos impostos) atraían moitos rapaces da nobreza gala para tomaren o ensino necesario e convertérense en druídas. Os coñecementos transmitíanse oralmente durante unha aprendizaxe de vinte anos na que estudaban a natureza e os rituais celtas.

Historia [editar]

Descoñécese a etimoloxía da palabra "druída", mais Plinio o Vello relacionábaa co termo grego drus (aciñeira); non obstante, actualmente os historiadores cren que o máis probable é que proceda do termo celta dru-uid-es, que significa "os moi sabios".

A romanización e posteriormente o cristianismo perseguiron os druídas ata que acabaron por disolver a relixión celta, da cal os druídas eran os principais depositarios.