Ciclo bioxeoquímico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama do ciclo do carbono como exemplo de ciclo bioxeoquímico.

Nas ciencias da Terra, un ciclo bioxeoquímico é unha vía mediante a cal unha substancia química circula entre os compartimentos bióticos (biosfera) e abióticos (litosfera, atmosfera, e hidrosfera) da Terra. Nestes ciclos prodúcense unha serie de cambios que ao final volven ao punto inicial e todo o proceso pode repetirse de novo.[1][2] A auga, por exemplo, está a reciclarse decote por medio do ciclo da auga, como o que se mostra no diagrama. A auga sofre evaporación, condensación, e precipitación, caendo de novo á Terra, e pasa aos seres vivos que a absorben ou incorporan coa bebida ou alimentos. Os elementos e compostos químicos pasan dun organismo a outro e aos compartimentos non bióticos nun ciclo continuo.[1][2]' Por exemplo, no ciclo do carbono este almacénase principalmente no CO2 atmosférico, que os seres fotosintéticos toman e incorporan ás súas substancias orgánicas, e volve á atmosfera cando respiran, ou se descompoñen ao morreren, ou parte queda enterrado converténdose en combustibles fósiles, e pasa duns a outros na depredación. As combustións (incendios, uso de combustibles fósiles) e as emisións volcánicas e descomposición de rochas calcarias liberan CO2. Parte do CO2 disólvese no mar ou precipita como rochas calcarias. Deste modo o C está circulando continuamente na Terra.

O termo "bioxeoquímico" indica que están implicados factores biolóxicos, xeolóxicos e químicos. A circulación de nutrientes como o carbono, oxíxeno, nitróxeno, fósforo, calcio, e auga, etc. a través dos mundos físico e biolóxico constitúen estes ciclos, por medio dos cales os elementos son reciclados. Nalgúns elementos hai lugares, chamados reservorios, onde se acumulan os elementos ou son mantidos durante longo tempo (por exemplo o océano no caso da auga, ou a atmosfera, onde se acumula o N2, no caso do nitróxeno).[1][2]

Ciclos importantes[editar | editar a fonte]

Os ciclos bioxeoquímicos máis coñecidos e importantes son:

Hai moitos ciclos bioxeoquímicos que se empezaron a estudar recentemente debido a que os cambios climáticos e ao impacto humano están cambiando drasticamente a súa velocidade, intensidade, e equilibrio. Entre eles están: o ciclo do mercurio,[3] ou o da atrazina.

Os ciclos bioxeoquímicos implican sempre estados de equilibrio: un balance no ciclo dos elementos entre compartimentos. Porén, o balance global pode implicar compartimentos distribuídos a escala mundial.

Como os ciclos bioxeoquímicos describen os movementos de substancias en todo o globo e afecta a distintos aspectos, o estudo destes é multidisciplinar. O ciclo do carbono pode ser estudado, por exemplo, en ecoloxía ou nas ciencias atmosféricas.[4] A dinámica bioxeoquímica está tamén relacionada cos campos da xeoloxía e pedoloxía (estudio do solo).[5]

Ciclos bioxeoquímicos máis importantes para a vida
Diagrama do ciclo do nitróxeno  
Diagrama do ciclo da auga  
Diagrama do ciclo do oxíxeno  

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ciclos bioxeoquímicos

Ciclo da auga | Ciclo do carbono | Ciclo do fósforo | Ciclo do hidróxeno | Ciclo do nitróxeno | Ciclo do xofre