Picea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piceas (xénero Picea)
Picea abies
Picea abies
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Picea
Link
Especies
Véxase no texto

As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia coma árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo. Ademais do uso ornamental, en xardinaxe, e coma árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así coma para fabricar instrumentos musicais, coma violíns ou guitarras.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A análise do ADN[2][3] demostrou que as clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía da acícula e no estróbilo son artificiais. Un estudo recente[2] encontrou que P. breweriana ten unha posición basal, seguida por P. sitchensis, e mais as outras especies dividíronse en tres clados, suxestionando que a Picea orixinouse en América do Norte.

Hai trinta e cinco especies nomeadas de piceas.

Clado I[editar | editar a fonte]

Clado II[editar | editar a fonte]

Clado III[editar | editar a fonte]

Clado IV[editar | editar a fonte]

Clado V[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. http://www.elnortedecastilla.es/v/20100305/opinion/bosque-violines-20100305.html
  2. 2,0 2,1 Ran, J.-H., Wei, X.-X. & Wang, X.-Q. 2006. Molecular phylogeny and biogeography of Picea (Pinaceae): Implications for phylogeographical studies using cytoplasmic haplotypes. Mol Phylogenet Evol. 41(2): 405–19.
  3. Sigurgeirsson, A. & Szmidt, A.E. 1993. Phylogenetic and biogeographic implications of chloroplast DNA variation in Picea. Nordic Journal of Botany 13(3): 233–246.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Picea
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Picea