Carpinus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carpes (xénero Carpinus)

Carpinus betulus
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae
Xénero: Carpinus
L.
Especies

Carpinus betulus -
Carpinus caroliniana -
Carpinus cordata -
Carpinus fargesii -
Carpinus faginea
Carpinus laxiflora -
Carpinus japuonica -
Carpinus orientalis -
Carpinus tschonoskii -
Carpinus turczaninowii -

Carpinus é un xénero de plantas con flor pertencentes á familia betulaceae. Son arboriñas que acostuman recibir o nome de carpes.

É orixinario de Eurasia con dúas especies europeas e unha única especie na América do Norte. Na Península Ibérica atópase o carpe común tan só nunha extensión moi reducida do Pireneo no País Vasco porén os estudos polínicos evidencian a súa presenza moito máis extensa durante o paleolítico.

Conta cunhas 30 ou 40 especies moitas delas na China.

Carpe con froitos.

As especies do xénero Carpinus son árbores caducifolias de talle mediano. As follas teñen unha disposición alternada e son simples coas marxes dentadas de até 10 cm de longo. As flores son en candeas cos sexos separados na mesma planta. O froito é unha núcula miúda con diversas sementes.

A madeira do carpe é máis dura ca do carballo e moi apreciada en ebanistaría.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]