Pulmón
| Pulmón humano | |
|---|---|
| Vista frontal dos pulmóns (cortados) | |
| Latín | pulmo |
| Gray's | asunto #240 1093 |
| Sistema | Aparello respiratorio |
| Arteria | Arteria pulmonar |
| Vea | Vea pulmonar |
| MeSH | Lung |
Os pulmóns son un órgano par, o máis importantes do aparato respiratorio, con aspecto de cono formados por un tecido esponxoso de cor rosa grisallo. Ocupan a maior parte do tórax.
Índice |
Embrioloxía dos pulmóns [editar]
Dende o punto de vista embriolóxico, o pulmón nace do intestino anterior, a partir da endoderma. Nas primeiras semanas de vida fórmase unha pequena xema a partir da cal se xera toda a árbore tráqueo-bronquial. A xema rodéase dun estroma que dará orixe ás estruturas de sostén. Así mesmo derivará nunha cavidade que formará as pleuras.
Os pulmóns están cubertos por unha membrana chamada pleura e están separados o un do outro polo mediastino.
O pulmón dereito está dividido en tres partes, chamadas lóbulos. O pulmón esquerdo ten dous lóbulos.
Teñen ó redor de 300 millóns de alvéolos, que dan unha superficie total de ó redor de 140 m² en adultos (aprox. a superficie dunha pista de tenis). A capacidade pulmonar depende da idade, peso e sexo, pero está no rango entre 4.000-6.000 cm³; as mulleres acostuman ter unha capacidade pulmonar ó redor do 20-25 % menor.
A función dos pulmóns é realizar o intercambio gasoso co sangue, por iso os alvéolos están en estreito contacto con capilares. Nos alvéolos prodúcese o paso de osíxeno dende o aire ó sangue e o paso de dióxido de carbono dende o sangue ó aire. Este paso dáse pola diferenza de presións parciais de osíxeno e dióxido de carbono entre o sangre e os alvéolos
Percusión [editar]
Os diferentes niveis de percusión nun paciente con enfermidade das vías respiratorias baixas mostran o estado de patoloxía do paciente:
- N:0 está completamente san, non hai patoloxía;
- N:1 corresponde a unha broncopneumonía ou bronquite, xa é un estado patolóxico con inflamación a nivel da árbore bronquial;
- N:2 o paciente cursa cunha pneumonía. A cantidade de aire reduciuse ó 50% e o grao das lesións estímanse no 50%;
- N:3 encontramos patoloxías como o edema agudo pulmonar;
- N:4 hai un colapso dos pulmóns e sobrevén a morte do paciente. Tanto o grao de lesión como a cantidade de aire están abatidos e xa non é compatible coa vida, pois xera hipoxia dentro das células causando un dano irreversible nestas.
Patoloxías [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||