Araucaria
| Araucarias (xénero Araucaria) | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Araucaria angustifolia. |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Especies | |||||||||||||
|
Ver texto |
|||||||||||||
Araucaria é un xénero de árbores coníferas da familia Araucariaceae. Existen 19 especies no xénero, cunha distribucións altamente espallada. En Galicia é común atopala en parques e xardíns urbanos e areas residenciais. Comunmente coñécense coma araucarias.
Moitas das poboacións actuais son relictas.
Atópanse en bosques e estepas, cunha afinidade para os sitios expostos. Estas árbores verticais son fósiles viventes, da idade Mesozoica. Os rexistros fósiles demostran que o xénero tamén estivo antes no hemisferio norte até o final do período Cretáceo.
A especie Araucaria araucana é a árbore nacional do Chile; os nativos mapuche de Chile central e do suroeste da Arxentina utilizan a semente da araucaria coma alimento. Moitas veces tense chamado á araucaria "piñeiro", malia que a súa relación cos piñeiros (Pinus) está moi afastada.
Índice |
Etimoloxía [editar]
O nome do xénero, e o común galego, deriva da rexión de América do Sur chamada Arauco, onde moran os nativos mapuche do Chile central e do sudoeste da Arxentina.
Distribución [editar]
Nas Américas atópanse na Patagonia da Arxentina, Chile, e sur e parte do sueste do Brasil e o leste do Paraguay. En Oceanía na Nova Caledonia (onde trece especies son endémicas), Illa Norfolk, sueste da Australia, Nova Guinea,
Descrición [editar]
Son principalmente árbores grandes cun toro ergueito, groso, masivo, acadando unha altura de 30 a 80 m. As pólas soen ser horizontais e ben separadas; estando cubertas con follas coriáceas ou aciculares.
Nalgunhas especies, as follas son lanceoladas e de forma estreita, pouco imbricadas, noutras son anchas e planas, amplamente imbricadas. As árbores son sobre todo dioicas, os conos masculinos e femininos preséntanse en árbores separadas.
Os conos femininos, xeralmente na copa da árbore, son globosos, e varían de tamaño segundo a especie a partir dun diámetro de 7 a 25 cm. Conteñen de 80 a 200 sementes, grandes e comestíbeis, semellantes ás torcas de piñeiro, pero maiores. Os conos masculinos son mái miñudos, de 4 a 10 cm, con forma de cilindro, de 1,5 a 5 cm de largo.
Por mor ao seu crecemento tan amodo, non ten a mesma difusión que outras especies de árbores ornamentais, porén é posíbel ver algúns exemplares nos parques e prazas de Galicia e gran parte do mundo.
Usos [editar]
As araucarias, inclusive o piñeiro do Paraná (Araucaria angustifolia) son excelentes plantas para seren cultivadas coma árboriñas a xeito de 'bonsai' oriental, conforme as antigas tradicións da China e do Xapón.
Adoitan empregarse coma arbores ornamentais en parques e xardíns. En Galicia son comúns na xardinaxe de pazos e cidades.
Clasificación e lista das especies [editar]
O xénero divídese en dúas seccións, sendo algunhas veces tratados como xéneros separados:
Sección Araucaria [editar]
Follas extensas; piña con máis de 12 cm de diámetro; xerminación hipoxea da semente.
-
- Araucaria angustifolia. Piñeiro do Paraná. Sur e sueste do Brasil, Paraguai e Misiones, Arxentina.
- Araucaria araucana. Piñeiro do Chile, Araucaria do Chile. Rexión sur do Chile e sudoeste da Arxentina.
- Araucaria bidwillii. Bunia-bunia. Leste da Australia.
- Araucaria hunsteinii. Klinki. Nova Guinéa.
Sección Eutacta [editar]
Follas estreitas, forma de furador; piña con menos de 12 cm de diámetro; xerminación epixea da semente.
-
- Araucaria bernieri. Nova Caledonia.
- Araucaria biramulata. Nova Caledonia.
- Araucaria columnaris. Piñeiro de Cook. Nova Caledonia.
- Araucaria cunninghamii. Piñeiro da Baía Moretón. Leste da Australia, Nova Guinea.
- Araucaria heterophylla. Araucaria da Illa de Norfolk Araucaria excelsa. Illa Norfolk.
- Araucaria humboldtensis. Nova Caledonia.
- Araucaria laubenfelsii. Nova Caledonia.
- Araucaria luxurians. Nova Caledonia.
- Araucaria montana. Nova Caledonia.
- Araucaria muelleri. Nova Caledonia.
- Araucaria nemorosa. Nova Caledonia.
- Araucaria rulei. Nova Caledonia.
- Araucaria schmidii. Nova Caledonia.
- Araucaria scopulorum. Nova Caledonia.
- Araucaria subulata. Nova Caledonia.
Curiosidades [editar]
- En 1835, Charles Robert Darwin – na súa viaxe arredor do mundo no HMS Beagle - descubriu un bosque con máis de 52 araucarias fósiles en posición de vida, en Paramillos de Uspallata.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Araucaria angustifolia (Araucaria) identificación de especies forestais
- Araucaria angustifolia no Brasil. O artigo tamén indica como cultivar esta árbore.
- Gymnosperm Database: Araucaria
- Araucaria araucana: fotografías e información. (español)