Monumento natural
Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxistico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.
Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.
Índice |
En España [editar]
En España, un Monumento Natural é unha figura de protección legal establecida pola lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade[1].
No seu artigo número 33 a devandita lei establece a definición dos Monumentos Naturais tal como segue[1]:
- Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituidos básicamente por formacións de notoria singulariedade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.
- Consideraranse tamén Monumentos Naturais as árbores senlleiras e monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos, os estratotipos e demais elementos da xea que reunan un interese especial pola singulariedade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos.
- Nos Monumentos con caracter xeral estará prohibida a explotación de recursos, salvo naqueles casos que por razoes de investigación ou conservación se permita a mesma, previa a pertinente autorización administrativa.
Monumentos Naturais en Galiza [editar]
De acordo coa lei 42/2007 a Xunta de Galicia desenvolve a figura de protección, declarando sete espazos como Monumentos Naturais en Galicia:[2]
- Praia das Catedrais en Ribadeo, Lugo.
- Carballa da Rocha en Rairiz de Veiga, Ourense.
- Costa de Dexo-Serantes en Oleiros, A Coruña.
- Fraga de Catasós en Lalín, Pontevedra.
- Pena Corneira en Leiro, Carballeda de Avia e Avión, Ourense.
- Souto da Retorta en Viveiro, Lugo.
- Souto de Rozabales en Manzaneda, Ourense.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "LEY 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad (en castelán)". http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-2007-21490. Consultado o 9 de maio de 2011.
- ↑ Turgalicia. "Lista dos Monumentos Naturais de Galicia". http://www.turgalicia.es/sit/listarecurso.asp?R1=v1&R1=v2&nombre=&provincia=%2A&tipo=01010105&internet=%2A&congresos=%2A®ular=%2A&discrepcional=%2A&B1=Buscar&incremento=20&incremento=20&ctre=111&cidi=E. Consultado o 9 de maio de 2011.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Definiciòn no glosario da European Environment Agency (EEA) A European Environment Agency (EEA) é unha axencia da Unión Europea.
|
||||||||||||||||||||