Avión, Avión
| Avión | |
|---|---|
| Vista de Avión | |
| Concello | Avión |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2010) 705 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 4 |
San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense.
Índice |
[editar] Poboación
Esta parroquia, por ser a capital do concello, apenas perdeu veciños. No 2000 (INE) vivían 721 veciños (389 mulleres e 332 homes). Hoxe esa cifra descendeu moi lixeiramente, ata os 705 (364 mulleres e 341 homes) residentes.
| Período | Variación poboacional | Variación poboacional (%) | Variación pob. media/ano (%) |
|---|---|---|---|
| 2000-2005 | -19 | -2,64% | -0,53% |
| 2005-2010 | +3 | +0,43% | +0,09% |
O aumento poboacional sería maior se so contamos ata o 2009. Xa que os residentes da parroquia baixaron un 1,26% no 2009-2010.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.
A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordeadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.
A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Avión
| Lugares da parroquia de Avión no concello de Avión (Ourense) | |
|---|---|
|
Beresmo | Cernadas | San Vicenzo | San Xusto |
[editar] Parroquias de Avión
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Avión | |
|---|---|
|
Abelenda (Santa Mariña) | Amiudal (Santiago) | Avión (Santos Xusto e Pastor) | Baíste (Santa María) | Barroso (Santa Baia) | Córcores (Santa Mariña) | Cortegazas (Santo Antonio) | Couso (Santa María) | Nieva (Santa María) |