Baíste, Avión
Coordenadas: 42°26′51″N 08°17′20″W / 42.4475°N 8.28889°W
| Baíste | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Avión |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2010) 246 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 4 |
Santa María de Baíste é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. Está situada ao noroeste do concello, lindando ao norte co municipio de Beariz (a través do río Doade) e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra), coa que limita a través da serra do Seixo.
Índice |
[editar] Poboación
Baíste rexistrou un importante descenso de poboación nos últimos anos. Segundo o INE, no ano 2000 residían na parroquia 326 habitantes, mentres que no 2010 eran 246 (116 homes e 130 mulleres).
| Período | Variación poboacional | Variación poboacional (%) | Var. poboacional media/ano (%) |
|---|---|---|---|
| 2000-2005 | -28 | -8,59 % | -1,72 % |
| 2005-2010 | -52 | -17,45 % | -3,49 % |
A sangría no censo duplicouse no segundo período citado fronte o segundo.
[editar] Cultura
Entre o patrimonio arquitectónico destacan a igrexa parroquial (no lugar de Baíste), a capela de San Xoán en Rubillón, e a ermida de Santa Sabela en Liñares. Existen dous conxuntos con numerosos hórreos en Baíste e Rubillón.
No lugar de Rubillón existen numerosas vivendas de recente construción e de grandes dimensións, propiedade de emigrantes retornados de México. Isto contrasta coas numerosas casas vellas abandonadas, de arquitectura tradicional.
Nos lugares de Baíste e Rubillón rodou Chano Piñeiro a curtametraxe Mamasunción (1984).
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Baíste
| Lugares da parroquia de Baíste no concello de Avión (Ourense) | |
|---|---|
[editar] Parroquias de Avión
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Avión | |
|---|---|
|
Abelenda (Santa Mariña) | Amiudal (Santiago) | Avión (Santos Xusto e Pastor) | Baíste (Santa María) | Barroso (Santa Baia) | Córcores (Santa Mariña) | Cortegazas (Santo Antonio) | Couso (Santa María) | Nieva (Santa María) |