Antonio Montero Fernández
Antonio Montero Fernández, nado en Uruguai en 1965, é un político galego do PPdeG.
Índice |
[editar] Traxectoria
É empregado de banca, está solteiro e non ten fillos[1]. Concelleiro en Avión polo PPdeG, foi o substituto de Francisco Gil Zamora logo do falecemento deste o 29 de maio de 2005. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] Dende xaneiro do 2010 é tamén vicesecretario do PP en Ourense, posto para o que foi nomeado polo vicepresidente do Parlamento de Galicia e novo presidente provincial, Xosé Manuel Baltar Blanco[3]. Ademais forma parte do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)[4]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.
| Predecesor: Francisco Gil Zamora |
Alcalde de Avión 2005 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
[editar] Notas
- ↑ Regidores en la provincia de Ourense. www.elcorreogallego.es, sen data. (en castelán)
- ↑ Concello de Avión. www.ourensedixital.com, 07/2007. (en castelán)
- ↑ Baltar Blanco releva o seu pai á fronte do PP ourensán. www.anosaterra.org, 30/01/2010.
- ↑ Organigrama Consello Federal. www.fegamp.org, sen data.