Mandarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chinés mandarín")
Mandarín
北方话, běifāng huà
Pronuncia: "běifāng huà", dacordo coas regras do pinyin
Outros nomes: 北方話 en escrita chinesa tradicional
Falado en: República Popular de China,Taiwán(Formosa), Singapur
Rexións: Este de Asia
Total de falantes: 885 millóns
Posición: 1
Familia: Sino-tibetana
 Linguas chinesas
  Mandarín
Estatuto oficial
Lingua oficial de: o mandarín estándar (普通话/pǔtōnghuà) é oficial en República Popular de China,Taiwán(Formosa), Singapur
Regulado por: sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: zh
ISO 639-2: chi (B) zho (T)
ISO 639-3: cmn
SIL: CHN
linguas chinesas
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O mandarín (北方話[1], 北方话[2], běifāng huà [3], "fala do norte") como termo xeral refírese ao conxunto de dialectos chineses mutuamente intelixíbeis que se fala no norte, centro e suroeste de China continental.

Non hai que confundilo coa outra acepción de mandarín, non obxecto deste artigo, a do mandarín estándar ou padrón (普通話[1] / 普通话[2], pǔtōnghuà[3], "lingua común", tamén chamada 漢語[1] / 汉语[2], hànyǔ[3], "lingua dos Hàn" [4], o cal se refire á lingua oficial da República Popular de China desde 1956, a lingua oficial de Taiwán(Formosa), e unha das catro linguas oficiais de Singapur.

O mandarín escríbese por medio de sinogramas, que son susceptíbeis de ser transcritos en caracteres románicos, na actualidade o máis frecuentemente en pinyin (como na maioría dos artigos da Wikipedia), mais tamén en bopomofo.

O mandarín (a miúdo chamado simplemente chinés) é a lingua máis falada do mundo (debido á elevada poboación da China). Porén, aínda cando hoxe é ensinado a todos os chineses, os máis vellos non falan todos o mandarín senón outras linguas chinesas, como o cantonés, ou distintas como o tibetano ou o mongol. O mandarín, que os dirixentes comunistas designaron como a lingua vehicular da súa nación enteira (de aí o termo pǔtōnghuà, «lingua común»), era primitivamente o idioma das comunidades chinesas do norte do país. Mesmo posuíndo unha antiga historia literaria, o mandarín non deriva da lingua clásica literaria e artificial (文言 wényán), abandonada en 1919, logo de ter sido utilizada como lingua escrita oficial e literariamente durante máis de dous mil anos; por contra, foi dunha lingua vernácula falada (白話 báihuà, «lingua simple») da que procede o mandarín. En 1956, foi a variante de Pequín a promovida ao rango de lingua oficial, sendo considerada a miúdo como a variante patrón deste idioma. O mandarín de Pequín posúe, porén, peculiaridades (como a utilización frecuente da retroflexión vocálica marcada por medio do sufixo -er) e dise tamén que os pequineses teñen un «acento». O mandarín dun taiwanés será, porén, moi pouco diferente do dun pequinés.

Fóra da China, hai importantes comunidades chinesas que comparten esta lingua, a cal é ensinada en numerosos colexios e universidades do mundo.

Como as outras linguas chinesas, é unha lingua de tons. Emprega catro tonemas, que cambian o sentido ou significado da palabra, alto e chan, ascendente, lixeiramente descendente logo ascendente (modulado) e descendente.

Os tons son representados en China por tiles sobre das vogais das sílabas da escrita romanizada dita pinyin e, en Taiwan, polas mesmas tiles sobre dos grafemas do bopomofo. Tamén se utiliza o número do ton no final da sílaba cando as dificultades técnicas (teclado, etc) impiden colocar ou ler os tiles.

Denominacións[editar | editar a fonte]

O termo galego - usado tamén noutras linguas europeas - procede do portugués mandarim (a súa vez tomado do malaio mentari ou mantari, neste idioma é empréstamo do sánscrito mantrin-, é dicir « ministro ») ; é a tradución do chinés 官話/官话 guānhuà, que significa literalmente « lingua dos mandaríns » (maxistrados do Imperio chinés). O termo guānhuà considérase unha denominación arcaica polos sinófonos de hoxe en día.

Na República Popular China, a lingua é nomeada 普通話[1] / 普通话[2], pǔtōnghuà[3], « lingua común » ou 國語[1] / 国语, guóyǔ[2], {{{3}}}[3] « lingua nacional ». En Taiwan denomínase oficialmente 國語[1] / 国语[2], guóyǔ[3]. Nas comunidades chinesas do estranxeiro, especialmente no Surleste asiático, a lingua é coñecida como 華語[1] / 华语[2], huáyǔ[3], « lingua chinesa » 華[1] / 华 [2], huá[3] é unha palabra que designa de xeito principal a cultura chinesa). O termo Hanyu 漢語 sinala o conxunto dos dialectos da etnia Han, e non só o mandarín: así, o cantonés é unha variante do Hanyu, (« lingua dos Han »), do mesmo rango que o mandarín. Pola súa pronunciación (especialmente a presenza ou non de consoantes finais diferentes de n), os distintos dialectos poden ser máis ou menos próximos ao chinés arcaico. A este respecto, o hakka e o cantonés están máis próximos á lingua orixinal do que o mandarín.

Variantes gramaticais e lexicais[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dialectos mandaríns.

Dede un punto de vista oficial, como xa se dixo, ha dúas variantes mandaríns, posto que o goberno de Pekín refire o mandarín do continente como se fose apǔtōnghuà, « lingua común », entanto que o goberno de Taipei cita a súa lingua oficial como kuo-yü (國語[1] / 国语[2], guóyǔ[3]), « lingua nacional ». Oficialmente, o pǔtōnghuà inclúe as pronuncias de varias rexións, mentres que o kuo-yü está baseado teoricamente só sobre os fonemas do mandarín de Pekin. A comparación entre os dicionnarios das dúas zonas mostra que ha algunhas diferencias substanciais. Porén, ambas as dúas versións do mandarín escolar son abondo diferentes do mandarín coloquial, que de feito se fala, o cal sufríu o influxo das variantes rexionais.

Aínda máis, todas as variantes do mandarin non son directa e mutuamente intelixíbeles. Para ser máis precisos, segundo o SIL (Summer Institute of Languages): « As variedades do mandarín da meseta inferior de Shaanxi non son directamente intelixíbeles co putonghua. As variantes do mandarín de Guilin e de Kunming son fundamentalmente inintelixíbeles para os falantes do putonghua. »

Porén, os falante educados que viven nas cidades do Suroeste, como Guilin e Kunming falan un pǔtōnghuà bastante correcto en lugar da súa lingua ancestral.

Na China do Norte, en Sichuan, e noutras áreas onde se fala a lingua do Norte, denominadas « variantes locais do mandarín », é de feito unha das linguas maternas dos falantes desas zonas. A educación masiva no mandarín non eliminou as diferencias rexionais anteriores. No Sur, as interferencias entre o mandarín e outras lingua chinesas deron lugar a aparición de versións locais da lingua do Norte, que son abondo diferentes do mandarín oficial padrón, tanto na proninciación como na gramática. Por exemplo, o mandarín falado en Taiwán polos estudantes que falan taiwanés (un dialecto de min do Sur) ou hakka, como lingua materna, é polo xeral realizado con unha gramática e un sotaque ou acento que o fan diferente do kuo-yü normalizado, orixinando unha versión do mandarín comunmente denominado mandarín de Taiwan.

Pese a que o mandarín sexa considerado como a lingua estándar, falar mandarín sen acento local ,ou usar o mandarín en lugar do dialecto local, pode facer pasar o locutor como un estranxeiro ou como alguén non normal. De aí que a maior parte dos falantes, incluídos os dirixentes políticos, non se esforcen en falar o mandarín consonte o acento padrón oficial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Escrita chinesa tradicional
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Escrita chinesa simplificada
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Transcrición pinyin
  4. Os Hàn é a etnia maioritaria en China

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]