Pedro Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo Municipal da Coruña na praza de María Pita, de Pedro Mariño.

Pedro Mariño y Ortega nado en Benavente en 1865 e falecido en 1931 na Coruña, foi un arquitecto afincado en Galicia encadrado no eclecticismo, autor do Pazo Municipal da cidade da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Considerado como coruñés de adopción por traballar nesa cidade a maior parte da súa vida, na que casaría con Isabel Caruncho.

Realizaría numerosas obras na cidade herculina desde finais do século XIX: a Casa do Sol (1903), antigo centro médico e actual sede da Comisión de Festas; ampliación do cemiterio municipal de San Amaro (1904); antigo mercado da praza de Lugo etc. Aínda que polo carácter da maioría das súas edificacións está adscrito ao Eclecticismo, nalgunhas construcións proxectou con estilo modernista, así para as Escolas Municipais "Curros Enríquez" e "Concepción Arenal", na década de 1910, que non chegarían a edificarse.

A súa obra máis importante foi o proxecto - que sufriría diversos cambios desde o inicial - do novo Pazo Municipal da Coruña (1901), que preside a praza de María Pita, e construído entre 1904 e 1912. A planificación adoptada en principio mantívose en canto se conservasen as tres plantas coroadas por un ático central. Este xunto con unha torre, na mesma vertical do ático, relativamente elevada, e o estiramento en altura, que imprimiu á cúpula na solución final, serviron de eixo focal onde converxe a atención do espectador. A acumulación decorativa nesa mesma zona contribuíu aínda máis a salientar o mesmo efecto.

Cando en 1910, o arquitecto Julio Galán Carvajal obtén un posto oficial no municipio de Oviedo, abandonando A Coruña, Mariño vese obrigado a continuar a denominada "Casa Rey" obra que aquel deixara inconclusa, respectando escrupulosamente os proxectos.

Entre 1913 e 1920, concluído o pazo municipal, Mariño apenas edificou, dedicándose a atender as crecentes obras de infraestrutura da cidade e ao mantemento dos predios de propiedade municipal.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Casa do Sol, na Coruña.
Casa Jesús Fernández, na Coruña.
Antigas escolas municipais da Coruña.

Estilo ecléctico[editar | editar a fonte]

Estilo modernista[editar | editar a fonte]

  • Escolas municipais, rúa do Orzán, nº 21 (1906).

Outras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barreiro Rey, Ramón ; Varasa Sobrino, Luís, La Coruña y su arte: desarrollo urbano y su manisfestación artística. A Coruña. 1989
  • Fernández Ferreiro, Xosé, O arquitecto Pedro Mariño Ortega (1865-1931). Vigo. 1996.