Faustino Domínguez Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Faustino Domínguez Domínguez
Faustino Domínguez Domínguez.jpg
Nacemento 1811
  Villamañán
Falecemento 1890
  A Coruña
Nacionalidade España
Ocupación arquitecto
editar datos en Wikidata ]

Faustino Domínguez Domínguez nado en 1811 en Villamañán (León) e finado na Coruña en 1890, foi un arquitecto que viviu e desenvolveu a meirande parte dos seus proxectos na Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura na Academia de Belas Artes de San Fernando, sendo educado no clasicismo academicista. A finais dos anos trinta establécese na Coruña, onde casará en 1843 con María Luísa Coumes-Gay Pulleyro e coa que tivo dous fillos: José e Faustino.

Pouco despois do casamento é nomeado arquitecto provincial. Un dos seus primeiros e máis importantes traballos como arquitecto provincial foi a elaboración dos planos e os orzamentos dos cárceres públicos de varias vilas galegas. Algúns destes proxectos non chegarían a realizarse como o de Betanzos, mentres outros si se fixeron realidade como os de Carballo, Ortigueira ou Pontedeume.

É de destacar tamén a autoría do chamado Pazo Provincial na coruñesa rúa Rego de Auga, que foi ata finais do século XX sede da Deputación Provincial da Coruña. Recibiu varios galardóns polos seus proxectos arquitectónicos na Exposición Rexional de 1858 e na de 1875, celebradas en Santiago de Compostela,

Asumiu a presidencia da Real Academia Galega de Belas Artes en 1879. O seu sucesor á fronte desta institución foi o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, que foi un dos máis importantes arquitectos galegos do século XIX.

Galería[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • O cárcere do partido xudicial de Pontedeume, artigo de Alexandre Caínzos no nº 2 (1995) da revista Cátedra. ISSN 1133-9608.