Antonio de Mesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio de Mesa
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1862 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1939 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
A Terraza, nos Xardíns de Méndez Núñez.

Antonio de Mesa y Álvarez, nado en Madrid o 30 de outubro de 1862 e finado na mesma cidade en 1939, foi un arquitecto español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Café Moderno da rúa Real da Coruña.
Fachada modernista en Avda. Oza 130 (A Coruña)
Detalle modernista. Deusa da natureza Flora

Era fillo do enxeñeiro dos ferrocarrís do Noroeste Pedro Antonio de Mesa Arroquia e de Amelia Álvarez Ruiz.

Estudou na Escola Superior de Arquitectura entre 1880 e 1887. En 1888 presentou un primeiro proxecto de fin de carreira que foi rexeitado, mais o ano seguinte conseguiu o título con “Proyecto de Bolsa”.

Foi arquitecto municipal da Coruña e arquitecto de Facenda e membro da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña. En 1923 volveu a Madrid.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra móvese entre o eclecticismo e o modernismo.[2] Durante a súa estadía na Coruña realizou o novo edificio da Terraza, a escalinata do Obelisco dos Cantóns e a reforma da fábrica de tabacos (1910).[3]

Foi o autor tamén do lavadoiro público do Parrote (1895-1896), xa desaparecido, e colaborou co enxeñeiro Diego Fernández Herce nas obras da dársena e o varadoiro do Parrote. O seu proxecto para o mercado de Santo Agostiño (1910-1911) non foi construído.[4]

Tamén asinou os proxectos para o edificio de vivendas modernistas situado na Avda. de Oza nº. 130 e para a casa modernista lindeira situada no nº. 152.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio de Mesa y Álvarez | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2023-05-03. 
  2. A arquitectura modernista
  3. "42 km, 42 edificios". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016. 
  4. Fernández Fernández, José. Breve noticia histórica de los mercados coruñeses en hierro. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (en castelán). Recortables de La Coruña. 
  • Fernández Fernández, Xosé. Miscelánea coruñesa (en castelán). Librería Arenas. p. 138.