Lingua suahili
Suahili 'Kiswahili' | ||
---|---|---|
Outros nomes: | swahili | |
Falado en: | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Rexións: | África oriental | |
Total de falantes: | 50 millóns aprox. | |
Familia: | Bantú Suahili | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Quenia, Tanzania e Uganda | |
Regulado por: | Baraza la Kiswahili la Taifa (Tanzania) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sw
| |
ISO 639-2: | swa | |
ISO 639-3: | swa
| |
SIL: | SWA
| |
![]() |
O suahili,[1] tamén chamado swahili ou kiswahili, é unha lingua africana que pertence ao subgrupo sabaki das bantú. Dentro das bantú, é a que conta co número maior de falantes. É unha das linguas oficiais do Quenia, da Tanzania e de Uganda, aínda que os seus falantes nativos, os pobos Suahili, sexan orixinarios só das rexións costeiras.
É falada por uns cincuenta millóns persoas no mundo, incluíndo, alén dos países que a teñen como lingua non oficial, Uganda e a República Democrática do Congo. É tamén falado con algunha frecuencia nas áreas urbanas do Burundi e de Ruanda, no sur da Somalia ata ao norte de Mozambique (ao longo do litoral de África oriental), na Zambia e no sur da Etiopía. Existen tamén algunhas comunidades de falantes de suahili en Madagascar e nas illas Comores. Con todo, a maior parte dos seus falantes non a usan como lingua materna. De feito, crese que só dous a tres millóns, dos cincuenta millóns están nesta situación, o que significa que a gran maioría fala como lingua materna outro idioma níxer-congolés (por exemplo, bantú) ou cuxítico (somalí, por exemplo).
Xeral[editar | editar a fonte]
O suahili é a lingua nativa de diversos grupos que habitaron e habitan unha faixa de 2500 km da costa leste de África. En función do contacto dos pobos desa área con comerciantes e navegantes de lingua árabe durante algúns séculos, o suahili ten preto dun cuarto das súas palabras orixinadas do árabe. Outras influencias foron o persa, o alemán, o portugués, o inglés e linguas da India.
A palabra Kiswahili provén do árabe سواحل, transliterado sawāhil; é o plural da palabra ساحل, sāhel, "fronteira" ou "litoral", usada como adxetivo de "negociantes do litoral". A adición do prefixo ki defíneo como unha lingua. Waswahili refírese aos pobos da "costa suahili" e Uswahili indica a cultura dos suahili". Sahel tamén é o nome que se dá á rexión oriental do deserto do Sahara.
O suahili escribiuse con caracteres árabes[2] ata a era colonial de África, cando a escrita árabe foi substituída polo alfabeto latino, a través de misioneiros cristiáns e de administradores coloniais. Un dos máis antigos documentos en suahili, é un poema épico, Utendi wa Tambuka ("A Historia de Tambuka"), de 1728, en escrita árabe.
En xuño de 1928, tivo lugar en Mombasa unha conferencia interterritorial á que asistiron representantes de Kenya, Tanganica, Uganda e Zanzíbar. Escolleuse o dialecto de Zanzíbar como estándar para esas áreas,[3] e adoptouse a ortografía estándar.[4]
Descrición lingüística[editar | editar a fonte]
O suahili é unha lingua aglutinante e flexiva, polo que xeralmente cada palabra é claramente segmentábel en afixos cun significado gramatical bastante preciso.
Pronuncia[editar | editar a fonte]
As regras de pronuncia do suahili son moi simples. Tódalas palabras son graves, agás Zánzibar. Tódalas letras que se escriben tamén se pronuncian e as sílabas sempre rematan en vogal, mais un m ou un n poden ser por si sós unha sílaba. As vogais son como en castelán, xa que só hai cinco. As consoantes pronúncianse do seguinte xeito:
- Distínguese entre b e v como en portugués. O b pronúnciase [ɓ] segundo o AFI.
- O c só se emprega co dígrafo ch pronunciado [tʃ] segundo o AFI.
- O d sería sempre [ð] (AFI).
- O g pronúnciase como ga, go ou gu en galego, mesmo diante de e ou i (AFI: [ɠ]).
- O dígrafo gh soa como un r francés, gutural (AFI: [ʁ]).
- O h é aspirado (AFI: [h]).
- O i é sempre vogal (AFI: [i]).
- O j pronúnciase [ɗʒ] segundo o AFI.
- O dígrafo kh é como o j na lingua castelá, un h aspirado pero máis forte, como en Khomeini ou Khartum (AFI: [x]).
- O dígrafo ng pronúnciase como un n e un g (AFI: [ŋɡ]).
- O dígrafo ng' pronúnciase como un n nasal (AFI: [ŋ]).
- O dígrafo ny pronúnciase ñ como en catalán, polo que "Kenya" pronúnciase Queña e non Quenia (AFI: [ɲ]).
- O q non existe.
- O r pronúnciase sempre, xa sexa ao comezo de palabra ou intersilábico, a medio camiño entre o r e o rr do galego. Adóitase escoitar tamén como l e entre os ultrapuristas como rrr (AFI: [r]).
- O s é sempre xordo (AFI: [s]).
- O dígrafo sh pronúnciase como o x galego na palabra "xesta" (AFI: [ʃ]).
- O u é sempre vogal (AFI: [u]).
- O v diferénciase do b como se fai no portugués ou no francés (AFI: [v]).
- O w é o u semivocálico (AFI: [w]).
- O x non existe.
- O y é o i semivocálico (AFI: [j]).
- O z é como o s sonoro no portugués (AFI: [z]).
Fonoloxía[editar | editar a fonte]
O inventario fonético do suahili estándar ten cinco fonemas vocálicos: /ɑ/, /ɛ/, /i/, /ɔ/, y /u/. Ademais, o suahili non ten ditongos; en combinación de vogais, cada letra pronúnciase separadamente. Por iso, a palabra suahili para "leopardo", chui, pronúnciase [tʃu.i], con hiato.
O seguinte cadro amosa o inventario de sons consoánticos en suahili. Entre paréntese aparecen os alófonos, en cursiva a grafía e entre barras os fonemas.
Bilabial | Labiodental | Dental | Alveolar | Postalveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nasal | m /m/ | n /n/ | ny /ɲ/ | ng’ /ŋ/ | ||||
Prenasalizada nasal | mb /mb/ | nd /nd/ | nj /ɲɟ/~/ndʒ/ | ng /ŋɡ/ | ||||
Implosiva | b /ɓ/ | d /ɗ/ | j /ʄ/ | g /ɠ/ | ||||
Oclusiva | p /p/ | t /t/ | ch /tʃ/ | k /k/ | ||||
Aspirada | (p /pʰ/) | (t /tʰ/) | (ch /tʃʰ/) | (k /kʰ/) | ||||
Fricativa prenasalizada | mv /ɱv/ | nz /nz/ | ||||||
Fricativa sonora | v /v/ | (dh /ð/) | z /z/ | (gh /ɣ/) | ||||
Fricativa xorda | f /f/ | (th /θ/) | s /s/ | sh /ʃ/ | (kh /x/) | h /h/ | ||
Vibrante múltiple | r /r/ | |||||||
Aproximante lateral | l /l/ | |||||||
Aproximante | y /j/ | w /w/ |
Gramática[editar | editar a fonte]
A característica gramatical máis prominente das linguas bantús é o uso extensivo de morfemas baixo a forma de prefixos. Cada substantivo pertence a unha clase e cada idioma pode ter aproximadamente dez clases, un pouco como xéneros en idiomas europeos. A clase indícase por un prefixo no substantivo, como tamén en adxectivos e verbos que concordan con aquel. O plural indícase por unha mudanza de prefixo.
Por exemplo, en suahili , Mtoto mdogo amekisoma significa O neno pequeno leu isto (un libro, implícito). Mtoto = neno goberna o prefixo do adxectivo "m" (mdogo) e o suxeito do verbo co prefixo "a". De seguido vén o tempo do verbo (perfecto) "me" - e un marcador de obxecto "ki" - concordando con kitabu (implícito), libro. O plural desta frase é: Watoto wadogo wamekisoma; se usarmos o plural para libros (vitabu), a frase tórnase: Watoto wadogo wamevisoma.
Referencias fóra de África[editar | editar a fonte]
- O software libre de creación de páxinas web Joomla!, organizado pola Open Source Matters, foi chamado así con base na palabra "jumla", que significa "todos", "xuntos".
- No xogo de computador Civilization IV, a música-tema do menú principal é un rearranxo dun nosopai en suahili, chamado de Baba Yetu ("Noso Pai").
- No sinxelo de Michael Jackson de 1987, Liberian Girl, a introdución repetida é en suahili: Nakupenda pia, nakutaka pia, mpenzi wee!, que significa "Eu ámote tamén, eu quérote tamén, meu amor!"
- A banda de afrobeat The Daktaris, de Brooklyn, quitou o seu nome da serie televisiva dos anos 60, e significa "doutor" en suahili.
- O filme de animación The Lion King contén varias referencias ao suahili, como: Simba ("león"), nome da personaxe principal; Rafiki ("amigo") é o babuíno xamán; a canción ·Hakuna Matata" é "sen problemas". Na continuación, o fillo adoptivo de Scar ("cicatriz" en inglés) é Kovu ("cicatriz" en suahili). Unha das cancións do filme titúlase "Upendi", palabra que como mencionan as personaxes do filme, significa "amor".
- Nichelle Nichols, na serie Star Trek, é a Tenente Uhura, nome que vén do suahili Uhuru, "liberdade". Alén diso, a palavra Imzadi, usada en Star Trek: The Next Generation, é suahili e significa "amado".
- O título do filme estadounidense de 1962, Hatari!, significa "perigo".
- A festividade afroamericana Kwanzaa emprega algunhas palabras nesta lingua, como Habari gani?, que significa "O que está acontecendo?", kinara ("candelabro africano"), mazao ("safra") e n'guzo saba ("sete principios").
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para suahili.
- ↑ Juma, Abdurahman. "Swahili history". glcom.com. Consultado o 30 de setembro de 2017.
- ↑ "Swahili". About World Languages.
- ↑ Mdee, James S. (1999). "Dictionaries and the Standardization of Spelling in Swahili". Lexikos. pp. 126–27. Consultado o 2 June 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua suahili ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Kamusi Project Dicionario Suahili-Inglés.
- Ethnologue report on Swahili Ethnologue report on Swahili, Congo
![]() |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua suahili |