Filmes de Belarús propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Belarús presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] dende o ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[3] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[4]
Até o ano 2020, cinco filmes belarusos foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, mais ningún deles foi finalmente nomeado para o premio.
Propostas
[editar | editar a fonte]A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[5] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[3] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Belarús para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano (Cerimonia) |
Título | Lingua(s) | Director | Resultado |
---|---|---|---|---|
1994 (67ª) |
Moi Ivan, toi Abraham | Yiddish, polaco, ruso e romaní | Yolande Zauberman | Non nomeado |
1996 (69ª) |
Iz ada v ad | Yiddish, ruso e alemán | Dmitry Astrakhan | Non nomeado |
2018 (91ª) |
Crystal Swan[6] | Ruso e inglés | Darya Zhuk | Non nomeado |
2019 (92ª) |
Debut[7] | Ruso | Anastasiya Miroshnichenko | Non nomeado |
2020 (93ª) |
Persischstunden[8] | Alemán e persa | Vadim Perelman | Descualificado[9] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008.
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008.
- ↑ Holdsworth, Nick (30 de xuño de 2018). "Oscars: Belarus Selects 'Crystal Swan' for Foreign-Language Category". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de xullo de 2018.
- ↑ Belarus News, ed. (26 de setembro de 2019). "Belarus chooses entry for Academy Award 2019". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2019. Consultado o 26 de setembro de 2019.
- ↑ Vourlias, Christopher (1 de decembro de 2020). "Belarus Selects Vadim Perelman's 'Persian Lessons' for International Feature Film Oscar Race". Variety. Consultado o 1 de decembro de 2020.
- ↑ "Belarus Oscar Entry 'Persian Lessons' Pulled From International Feature Film Race". Variety. Consultado o 9 de xaneiro de 2021.